Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

5 de marzo de 2020

Os Bombeiros percorrerán este domingo a cidade cos seus vehículos para conmemorar ao seu patrón

O corpo municipal anuncia que modifica o seu itinerario inicial, que coincidía en dous tramos co percorrido da manifestación do 8-M , para non entorpecer esta concentración e favorecer o seu correcto desenvolvemento

O próximo domingo, 8 de marzo, os Bombeiros da Coruña festexan ao seu patrón, San Xoán de Deus, e para conmemoralo circularán cos seus vehículos oficiais desde as 11.00 h por diferentes puntos da cidade.

A comitiva sairá do parque de bombeiros e, ata o día de hoxe, tiña pensado percorrer a cidade pasando por Manuel Murguía, percorrer o Paseo Marítimo pasando pola Torre de Hércules, Rúa da Torre, Praza das Atochas, Paseo do Parrote e volver pasando pola Mariña, Cantóns e Linares Rivas ata chegar de novo ao parque de bombeiros. Ao coincidir este percorrido con parte do itinerario da manifestación do 8-M polo Día Internacional das Mulleres, que sairá do Obelisco e rematará na praza das Cigarreiras, o corpo de Bombeiros decidiu hoxe modificar o seu percorrido para non entorpecer a manifestación do 8-M.

O novo itinerario da comitiva dos Bombeiros baixará de Monte Alto e, en vez de pasar polo Parrote e a avenida da Mariña, collerá a rúa Panadeiras e rúa San Andrés ata chegar á praza Pontevedra seguindo por Juan Flórez o seu percorrido.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión