Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de diciembre de 2019

Os e as voluntarias de Protección Civil amosan o seu traballo en talleres e a través de fotografías

En conmemoración do Día Internacional do Voluntariado, estarán hoxe no Obelisco para impartir obradoiros de primeiros auxilios e ensinar as súas funcións a través de imaxes e coas ferramentas que manexan a diario

As voluntarias e voluntarios de Protección Civil achegarán hoxe á cidadanía o traballo que realizan a diario nun espazo habilitado no Obelisco, de xeito que os veciños e veciñas que así o queiran poderán participar en obradoiros de técnicas de primeiros auxilios e de RCP (reanimación cardiopulmonar). Con motivo do Día do Voluntariado, as e os operarios farán un percorrido polos 36 anos en activo da agrupación municipal, a través de fotografías en que se lles pode ver desenvolvendo tarefas de prevención en eventos como os partidos do Deportivo, os concertos do Coliséum e as carreiras populares, así como na busca de persoas desaparecidas, en acompañamentos escolares en bicicleta, en temporais ou protagonizando salvamentos.

Entre as 10.00 e as 18.00 horas, parte do equipo laranxa desprazarase ata este punto para contar as súas funcións e amosará as ferramentas que manexan habitualmente. Na actualidade, son 80 membros con perfís moi variados, entre os que hai estudantes, persoal técnico de urxencias, amos e amas de casa, enfermeiros e enfermeiras, bombeiros/as ou mestres/as que achegan os seus coñecementos e experiencias para colaborar coa cidadanía coruñesa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión