Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2018

Programa de educación viaria. Saída en bicicleta.

A actividade dá continuidade á charla de educación viaria e mobilidade sostible que onte impartiu no centro a policía Silvia Castro.

No marco do programa de Educación Viaria que promove o Concello da Coruña nos centros escolares, esta mañá celebrouse unha saída en bicicleta co alumnado de 4, 5, e 6º de Educación Primaria do CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha.

Un grupo de 20 nenas e nenos fixo un percorrido ciclista desde o Campo da Leña polo Paseo Marítimo, no que circularon polo carril bici, até chegar ao Pazo de María Pita, no que visitaron o Belén municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión