Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2020

Rey sitúa ao servizo de Bombeiros como un dos mellores do Estado

A alcaldesa e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, presentaron a Memoria 2019, o ano con maior número de intervencións desta década, un total de 1.921, debido aos temporais e ás intervencións por niños de velutina e de mantemento de hidrantes

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá xunto co responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, a Memoria Bombeiros 2019, en que están rexistradas un total de 1.921 actuacións que non se circunscriben unicamente ao ámbito municipal da Coruña, senón que abarcan municipios limítrofes. A rexedora destacou que as actividades que realizan van máis alá das tarefas que lles competen, "non é difícil velos en citas solidarias como a campaña de cooperación en Etiopía, levando leite nunha furgoneta cedida polo concello ou nas que colaboraron coa ONG Aire no deserto", encomendas cada vez máis especializadas ata o punto de estar considerado un "servizo punteiro en todo o Estado con unidades como a de prevención e a primeira ordenanza contra incendios de Galicia".

Rey realizou unha mención especial para o grupo de rescate acuático, que se adestra durante todo o ano para estar no menor tempo posible en calquera punto do litoral en que sexan requeridos" ou o labor de prevención que realizan cando están activas as alertas por temporais, un aspecto coñecido por toda a cidadanía, e que lles leva a estaren vixiantes desde a coraza do Orzán, punto 0 da maioría das intervencións, e presentes en grandes eventos conmemorativos como o San Xoan ou en concertos.

Rey sinalou que os números falan por si sós xa que 2.019 foi o ano desta década con maior número de intervencións, un total de 1.921, un aumento que se debeu a tres factores fundamentais como foron os temporais, a retirada de niños de avispa velutina e o traballo no mantemento de hidrantes, que alcanzou unha especial relevancia no servizo.

Destas 1.921, 1.912 sucederon na Coruña e o resto en concellos limítrofes: "Non  se trata só de facelo bien, tamén se precisa facelo rápido e "temos unha media do 84,72% en que se chega en menos de cinco minutos, e un 20% nun tempo inferior aínda". A alcaldesa sinalou que o cadro de persoal de servizo supera xa os 100 efectivos, "unha cifra que non se superaba desde 2009", e a media de idade é de 46 anos: "Aquí combínase a experiencia coa xuventude das novas incorporacións xa que a idade media da última promoción foi de 37,8 años". Por outro lado, destacou o labor docente e de prevención, nun exercicio en que recibiron 82 visitas de centros escolares con 2.140 alumnas e alumnos e 162 mestras e mestres, xunto ás 15 de colexios de fóra da cidade. Foron en total máis de 370 actividades de prevención, entre simulacros, reténs e informes técnicos e "todo isto fai que o concello siga apostando por este servizo, un ano máis superarase o millón de euros en investimentos e 400.000 euros en mantemento e gastos propios do servizo". Segundo Rey, o obxectivo é manter a calidade e ser como ata o de agora un dos mellores parques de Galicia e do Estado no que respecta a cidades do noso tamaño", dixo a rexedora.

Pola súa parte, García Touriñán falou da incorporación neste ano dun vehículo de primeira saída e unha autoescaleira de 18 metros para acceder a zonas máis dificultosas como Peixería o a Cidade Vella, e remarcou a renovación tecnolóxica do corpo con equipos de respiración autonóma "moitísimo máis modernos e lixeiros co fin de que as intervencións sexan máis eficaces", algo en que tamén inflúe a adquisición de cámaras térmicas de alta resolución que "resultaron vitais para o traballo que se está realizando". Ademais, subliñou que o novo vehículo de mando permite que as persoas responsables estean nos distintos postos de emerxencia para tomaren mellor as decisións e indicou que mañá estrearán unha embarcación que potenciará ao grupo de rescate acuático porque "tiñamos embarcación grande e  dúas motos acuáticas, pero necesitabamos algo intermedio, unha embarcación neumática que permitira achegarnos a determinadas zonas da costa". Todos estes medios e os que xa tiñan converten ao servizo, segundo García Touriñán, nos mellores parques de Galicia e "somos envexados polos da nosa categoría".  

PERCORRIDO

Cunha parte deste material desfilarán os Bombeiros este domingo a partir das 11.00 horas pola cidade, nun percorrido que partirá do parque da Grela dirección Rolda de Outeiro, Manuel Murguía e Paseo Marítimo para pasaren polo corazón de Monte Alto, Torre de Hércules, Panadeiras, Santo André, Catro Camiños e seguiren por Salgado Torres co fin de lle ensinar á cidadanía os medios dos que dispoñen.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión