Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2019

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do día 6 até as 07.00 horas do 14 de febreiro do 2019

CONTROIS PREVENTIVOS DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 02.15 horas do 12 de febreiro, unha dotación deu o alto a un turismo na rúa Santa Catalina e realizoulle as probas de alcoholemia ao condutor. O home, de 40 anos, arroxou uns resultados positivos (0,80 e 0,73 mg/l) nas probas ás que foi sometido, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado. Do vehículo que conducía, un Peugeot 407 Coupé, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 05.14 horas do 12 de febreiro, unha dotación deu o alto a un turismo na rúa san Xoán e detectou que o condutor presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O home de 25 anos arroxou uns resultados positivos (0,50 e 0,45 mg/l) nas probas ás que foi sometido, polo que lle denunciou administrativamente cunha sanción de 500 € e a retirada de 4 puntos no seu permiso de conducir. Do vehículo que conducía, un Opel Astra, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 09.15 horas do 12 de febreiro, á altura do número 108 da Rolda de Outeiro, produciuse un accidente de circulación da clase `mixto´ (raspado-arremetida) con resultado de danos materiais, no que un vehículo da marca e modelo Mercedes C250 chocou contra outro Mercedes e un Toyota Avensis. O condutor, un home de 35 anos, arroxou uns resultados positivos (0,77 e 0,77 mg/l) nas probas de alcoholemia, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 13.10 horas do 12 de febreiro, unha patrulla deu o alto a un turismo nun control preventivo realizado na rúa Manuel Murguía. O seu condutor, un mozo de 33 anos, arroxou uns resultados positivos en drogas pola presenza de cannabis no organismo, polo que foi sancionado cunha multa de 1.000 € e a retirada de 6 puntos no seu permiso de conducir. Do vehículo que conducía, un Seat Córdoba, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 13.10 horas do 13 de febreiro, unha dotación deu o alto a un turismo na rúa Alcalde Hervada e detectou que conducía sen o permiso vixente por perda total de puntos por infraccións de tráfico. O mozo, de 22 anos, foi denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Volkswagen Polo, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado e en condicións normais.

- Ás 20.00 horas do 6 de febreiro, na rúa José María Rivera Corral, produciuse un accidente de circulación con feridos da clase "contra obstáculo fixo" no que estivo implicado un só vehículo. A condutora, que estaba a realizar prácticas de condución, resultou ferida con carácter leve, polo que foi atendida no lugar por unha dotación do 061 e posteriormente trasladada até o CHUAC. A moza, de 21 anos, foi denunciada ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria ao carecer da autorización administrativa para conducir. Do vehículo que conducía, un turismo da marca e modelo Skoda Octavia, fíxose cargo o irmán da condutora, un mozo de 23 anos, que foi denunciado tamén por un delito contra a seguridade viaria como cooperador necesario ao permitirlle conducir o vehículo sen o título habillitante.

- Ás 05.00 horas do 7 de febreiro, unha dotación deu o alto a un turismo na avenida Pedro Barrié de la Maza e someteu ao seu condutor ás probas de alcoholemia. O home, de 50 anos, arroxou uns resultados positivos (0,75 e 0,74 mg/l), polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Seat Fura, fíxose cargo un condutor habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 02.45 horas do 8 de febreiro, produciuse un accidente da clase "contra obstáculo fixo" no que un vehículo, da marca e modelo Renault Megane, bateu contra tres turismos estacionados na rúa Alcalde Jaime Hervada: un Citroën ZX, un Seat Ibiza e un Volkswagen Sirocco. O condutor, un mozo de 28 anos, arroxou uns resultados positivos (1,15 e 1,21 mg/l) nas probas de alcoholemia, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía foi retirado por un guindastre ao quedar imposibilitado para circular. Como consecuencia do accidente, resultou danado un sinal de tráfico e foi necesaria a intervención dunha dotación de Bombeiros para a limpeza de líquidos e dun gran número de restos dos vehículos na calzada.

- Ás 20.15 horas do 9 de febreiro, un condutor que circulaba á altura do número 39 da rúa San Juan, arroxou uns resultados postivos no test de drogas en cocaína e cannabis, polo que poderá ser sancionado con 1.000 € e a retirada de 6 puntos no seu permiso de conducir. O vehículo foi inmobilizado e trasladado até o Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 09.15 horas do 11 de febreiro, tivo lugar un accidente da clase "contra obstáculo fixo" á altura do número 43 da rúa San Andrés. Un turismo circulou en sentido contrario pola rúa San Andrés até chocar contra unha papeleira e un furgón Volkswagen Crafter que estaba estacionado. A muller, de 40 anos, arroxou uns resultados positivos (1,13 e 1,04 mg/l: superando catro veces a taxa de alcoholemia permitida) polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía, da marca e modelo Suzuki Swift, foi inmobilizado e retirado para o Depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 18.00 horas do 11 de febreiro, un condutor arroxou uns resultados positivo en drogas, pola presenza de cocaína no organismo, nun control preventivo realizado na avenida Alcalde Pérez Ardá. O condutor, un mozo de 25 anos, foi sancionado cunha multa que podería ascender aos 1.000 € e coa retirada de 6 puntos no seu permiso de conducir. Do vehículo que conducía fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

COLABORACIÓN COA CAMPAÑA DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO SOBRE VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE ESCOLAR E DE MENORES

Estes son os resultados da campaña transporte escolar e de menores realizada pola sección de Disciplina Viaria na semana do 4 ao 8 de febreiro:

Autobuses controlados: 20.

Informes realizados por infraccións detectadas: 13

• A 2 autobuses non lles funcionaba correctamente o dispositivo acústico de marcha atrás sincronizado coa luz de marcha atrás.

• En 3 autobuses os seus condutores non acreditaron ter contratada unha póliza de seguro de responsabilidade civil ilimitada.

• En 3 autobuses detectáronse deficiencias relacionadas coa autorización de transportes.

• En 4 autobuses os seus condutores non presentaron autorización municipal de transporte escolar.

• En 4 autobuses detectáronse deficiencias relacionadas co dispositivo fluorescente interior de sinalización de saídas de emerxencia.

• En 1 autobús comprobouse que a apertura da porta de emerxencia desde o exterior non funcionaba (unicamente coa chave que tiña o condutor).

• En 1 autobús detectouse que carecía de bordos de chanzos en cor viva.

DETENCIÓNS POR VIOLENCIA MACHISTA

- Ás 01.14 horas do 8 de febreiro, unha dotación policial trasladouse a un domicilio da zona de Monte Alto tras recibir unha chamada na sala do 092 sobre unha agresión a unha muller. A patrulla entrevistouse coa requirente do servizo, coa súa exparella, e realizou unha inspección ocular da vivenda, na que constatou que había varios aveños e mobiliario esnaquizados. A muller, de 53 anos, relatou que, nunha discusión, a súa exparella esnaquizara obxectos e lle propinara un patada na cabeza, tirándoa ao chan. O home, de 50 anos, negou a agresión e sinalou que fora ela a que rompera os aveños e a que o golpeara a el nun xeonllo. A patrulla non detectou lesións aparentes en ningún dos dous, pero solicitou os servizos do persoal sanitario do 061 como medida cautelar, que decidiu o traslado da muller ao CHUAC para unha mellor valoración. A patrulla detivo e denunciou ao home por un delito de violencia de xénero, quedando a disposición xudicial nos calabozos policiais.

- Ás 16.35 horas do 8 de febreiro, unha patrulla trasladouse a un local da zona do Ventorrillo, tras recibir a chamada dunha traballadora que manifestaba estar a ser intimidada pola súa parella á que denunciara por malos tratos o día anterior. A muller amosou o parte facultativo de lesións e deunciou que fora agredida noutras ocasións nos últimos meses. A dotación comprobou que a Policía Nacional estaba a buscar a este home en relación coa denuncia por malos tratos do día anterior, polo que procedeu á súa detención e a tramitarlle denuncia por un presunto delito de violencia de xénero.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión