Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de vixilancia e control de velocidade

Do 17 ao 23 de abril de 2023

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/04/2023 ata o 23/04/2023

Xa rematou

FINALIDADE

A DXT pon en marcha unha campaña de vixilancia e control da velocidade, que se levará a cabo entre os días 17 e 23 de abril e á que se sumará, como en ocasións anteriores, o Concello da Coruña.

A mensaxe para transmitir, independentemente da Administración que xestione a circulación, é que os límites de velocidade sempre se deben respectar, máis aínda cando moitas cidades contan con vías nas que os diferentes actores comparten espazo (coches, motos, bicis...)

A campaña traspasa as nosas fronteiras e realízase de forma simultánea en máis de 25 países europeos a través da Organización Internacional de Policías de Tráfico (TISPOL)

DE INTERESE...

A velocidade inadecuada está pre­sente no 10% dos accidentes con vítimas e esta porcentaxe elévase ao 17% cando o accidente con vítimas sucede en vía interurbana.

No caso dos accidentes mortais, nun 21% deles a velocidade é un factor concorrente no accidente.

Circular a unha velocidade adecuada podería evitar unha cuarta parte das persoas falecidas en accidente de tráfico.

Cada ano, máis de 300 persoas morren nas estradas en accidentes nos que a velocidade é un factor concorrente.

Velocidade e peóns

Risco de falecemento dun peón en función da velocidade de colisión dun vehículo:

A partir de 80 Km/h é practicamente imposible que un peón se salve nun atropelo. En cambio, a unha velocidade de 30 Km/h, o risco de morte dunha persoa que circula andando redúcese ao 10%.

Distancia de freado

A distancia necesaria para a detención dun vehículo será a suma da distancia de reacción máis a distancia de freado. Estará en función da velocidade, o tempo de reacción da persoa condutora, as condicións técnicas do vehículo, así como do estado do firme da calzada.

Efectos negativos do exceso de velocidade sobre o medio ambiente

A velocidade ten impactos moi significativos sobre o medioambiente, dado que o nivel de emisión de gases nocivos (fundamentalmente monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, hidrocarbonos e material particulado), o consumo de combustible e o ruído emitido polos vehículos están directamente relacionados coa velocidade.

CONCLUSIÓNS

A velocidade ten un impacto moi importante na calidade de vida das zonas urbanas, onde os vehículos poden interferir no benestar das persoas residentes e ter un impacto moi negativo sobre a seguridade de peóns, ciclistas e outras/os usuarias/os vulnerables.

NORMATIVA APLICABLE

  1. A Lei de seguridade viaria e o Regulamento xeral de circulación fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos. O incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 100 a 600 euros.

  2. O artigo 379 do Código penal, establece que "quen conduza un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigada/o coa pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a doce meses e traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, á de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos".

  3. A Lei do permiso por puntos contempla a perda de entre 2 e 6 puntos por este tipo de infracción, dependendo do exceso de velocidade cometido.

  4. A Directiva UE 2015/413 do Parlamento Europeo e do Consello, pola que se facilita o intercambio transfronteirizo de información sobre infraccións de tráfico en materia de seguridade viaria establece o intercambio de información para oito tipos de infraccións, dentro das cales se recolle o exceso de velocidade. Este novo obxecto lexislativo debería reforzar a responsabilidade das persoas condutoras non residentes con respecto ás súas infraccións por exceso de velocidade. Os/as condutores/as "estranxeiros/as" representan arredor do 5% do tráfico rodado na UE mentres que a participación das persoas condutoras non residentes nas infraccións por exceso de velocidade está nunha media do 15%. Por tanto, os/as condutores/as non residentes están implicados/as en relativamente máis infraccións que os/as condutores/as residentes. Isto explícase polo sentimento de impunidade que chega cando se cruza a fronteira. É precisamente esta impunidade á que condena a nova proposta. O Punto de Contacto Nacional (DXT) ofreceralles ás Administracións Públicas os datos das persoas titulares e dos vehículos dos países da UE que cometesen infraccións en territorio nacional.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 17/04/17 AO 23/04/17

- Número de controis realizados: 12

- Total de vehículos controlados: 1.715

- Total de vehículos denunciados: 57 (3,32% dos vehículos controlados)

- Condutores/as notificados/as no acto: 37 (64% do total de denunciados/as)

- Condutores/as non notificados/as: 20 (36% do total de denunciados/as)

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 21/08/17 AO 27/08/17

- Número de controis realizados: 7

- Total de vehículos controlados: 2.093

- Total de vehículos denunciados: 51 (45 turismos, 5 furgóns/furgonetas e 1 motocicleta)

- Condutores/as notificados/as no acto: ningún

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 16/04/18 AO 22/04/18

- Número de controis realizados: 16

- Total de vehículos controlados: 7.639

- Total de vehículos denunciados: 61

- Condutores/as notificados/as no acto: 16

- Condutores/as non notificados/as: 45

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 06/08/18 AO 12/08/18

- Número de controis realizados: 4

- Total de vehículos controlados: 1.385

- Total de vehículos denunciados: 12 (10 turismos e 2 furgóns/furgonetas)

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 01/04/19 AO 07/04/19

- Número de controis realizados: 17

- Total de vehículos controlados: 2.732

- Total de vehículos denunciados: 87 (75 turismos - 6 motocicletas - 5 furgonetas/vehículos mixtos - 1 camión)

- Persoas condutoras notificadas no acto: 69

- Persoas condutoras non notificadas: 18

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 06/07/2020 AO 12/07/2020

- Número de controis realizados: 8

- Total de vehículos controlados: 1.402

- Total de vehículos denunciados: 58 (45 turismos - 7 motocicletas - 6 furgonetas)

- Persoas condutoras notificadas no acto: 28

- Persoas condutoras non notificadas: 30

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/07/2021 AI 18/07/2021

- Número de controis realizados: 4 (2 en límite de 30 e 2 en límite de 50)

- Total de vehículos controlados: 840

- Total de vehículos denunciados: 10

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 21/03/2022 AO 27/03/2022

- Número de controis realizados: 10

- Total de vehículos controlados: 3.387

- Total de vehículos denunciados: 61

(51 turismos - 2 motocicletas - 7 furgonetas - 1 camión)

- Persoas condutoras notificadas no acto: 27

- Persoas condutoras non notificadas: 34

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión