Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de xaneiro de 2019

envorco camión Avda. San Cristobal

Accidente de camión articulado en Avda. San Cristobal con risco de caída a un nivel inferior.

Varias chamadas informan dun trailer a piques de caerse ao nivel inferior da Avenida San Cristobal.

Desprázanse 3 dotacións e cando chegamos vemos o vehículo semivolcado sobre o petril do carril superior, con parte da súa carga no nivel inferior da vía. O condutor está en estado de shock emocional dentro da cabina.

Os labores conxuntos dos intervenientes consisten en realizar manobras de estabilización do vehículo ao mesmo tempo que manter a percepción visual e chegar ao condutor para saber realmente como se atopa.

O seu estado psicolóxico ante o que está a ver desde a súa cabina (caída de varios metros ao nivel inferior da vía) manteno inmóbil dentro da mesma.

Os labores son pois as de mantelo tranquilo e aproximarse a el con toda naturalidade e explicándolle en todo momento o que se está facendo. Isto reláxao e comeza a colaborar, o que fai máis sinxelo o seu auxilio.

O susto non llo quitará ninguén na vida ...

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/185690446@N07/albums/with/72157712372506911

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión