Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2016

O alcalde fai entrega ao servizo municipal de bombeiros de 110 novos traxes de intervención de última tecnoloxía

O investimento municipal para este novo equipamento é de máis de 143.000 euros, que vén sumarse aos outros novos 110 equipamentos especiais para augas, de 35.000 euros

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou esta mañá o Parque Municipal de Bombeiros, onde fixo entrega ás persoas integrantes deste servizo de seguridade dun novo equipamento, consistente en 110 novos traxes de intervención de última tecnoloxía, confeccionados con tecido PBI, máis resistente a riscos mecánicos, térmicos e químicos e empregado, por exemplo, polos e polas astronautas da NASA ou polo servizo anti incendios de Nova York. O investimento realizado polo Concello nesta nova equipación foi de máis de 143.000 euros. O rexedor tamén destacou outros 110 traxes especiais para augas, presentados tamén esta mañá e en cuxo caso se investiron 35.000 euros. "A principal novidade está en que ofrecen unha visibilidade moito maior, así como espazo para levar enriba todo o equipo de prevención", destacou.

Ferreiro, salientou a necesaria aposta do Concello por ir mellorando, ano a ano, as instalacións e equipamentos deste imprescindible servizo. Así, ademais dos traxes de intervención e de auga, outros investimentos realizados ao longo deste ano consisten na adquisición de 100 cascos de intervención, material para o ximnasio, hidrantes para a rede contra incendios, así como sistemas de detección automática de incendios a disposición de persoas en situación de vulnerabilidade (maiores que residen sen compaña ou persoas de mobilidade reducida), material especial para o Grupo de Rescate Acuático, así como todo o necesario para equipar correctamente aos 10 bombeiros de novo ingreso. Ademais disto, xa se atopa en fase de adxudicación o concurso aberto para un brazo articulado para a extinción de incendios e o rescate en altura.

Equipamento de intervención

Os novos traxes de intervención son moito máis lixeiros que os empregados até o momento polo servizo de bombeiros. Unha das diferenzas máis visibles con respecto ao equipamento anterior é a cor ocre que presentan os traxes, debido ao uso do tecido PBI. A cor clara do mesmo é unha vantaxe á hora de detectar roturas e defectos. Os novos traxes non arden no aire, non se funden nin gotean, non xeran fume, non actúan como combustible e conservan a súa resistencia e flexibilidade tras ser expostos ás lapas. "Este traxe mellora en moito o nivel de protección do anterior", destacou o alcalde na presentación. Outras das novidades deste novo equipamento, que está empezando a comercializarse en Europa, é que ademais de soportar a mesma e maior temperatura, pesa case dous quilos menos que o traxe de intervención que tiñan até o de agora, "o cal é moi importante en calquera actuación".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión