Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2018

O servizo de Bombeiros adquire catro vehículos lixeiros, "que facilitarán o labor de prevención de incendios así como o de transporte de persoas e material"

A edil responsable de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, presentou os novos equipos de traballo no marco das actividades que se celebran nesta xornada na praza de Tabacos co gallo do día do Patrón do corpo

A concelleira de Igualdade e Diversidade, e reponsable de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, presentou esta mañá os catro novos vehículos lixeiros que o Concello vén de adquirir para o Servizo de Extinción de Incendios da Coruña . Os turismos, nos que o goberno local investiu 106.787,85, facilitarán o labor de transporte de persoas e de extinción de incendios do corpo de seguridade municipal. Tal e como destacou Rocío Fraga, estes vehículos que se incorporarán ao parque móbil de Agrela, "ampliarán e mellorarán o servizo tanto de transporte de persoal como de materiais necesarios nas intervencións". "Estamos a falar de equipos necesarios que permitirán que o corpo poida mellorar nos seus propios desprazamentos así como en distintas actuacións que se poidan realizar", explicou a concelleira, quen avanzou que o goberno local está pendente da chegada de novos vehículos de intervención "para un servizo que é un orgullo pola súa calidade profesional e humana".

O primeiro dos equipos é un todoterreo Pick-up Toyota Hilux, válido para o transporte de persoas e de material en intervencións do grupo de rescate acuático --para o transporte de material e remolque de embarcacións-- así como de apoio en intervencións de extinción. O segundo turismo, unha berlina Fiat Punto de tres portas, destinarase para labores de prevención así como de apoio á xefatura en desprazamentos. O terceiro é unha furgoneta mixta Fiat Doblo, que permite o transporte de até cinco persoas así como de carga en labores de prevención e mantemento, hidratantes e de apoio á xefatura do corpo. Finalmente, o Concello tamén adquiriu un furgón mixto Fiat Ducato habilitado para o transporte de até nove persoas pasaxeiras, e que se poderá utilizar tanto para o transporte de persoal así como para a asistencia a cursos ou xornadas dos membros do servizo de extinción de incendios. A presentación dos equipos tivo lugar na praza de Tabacos,  no marco do desenvolvemento das actividades vinculadas ao día do Patrón dos bombeiros --que se adiantou á xornada de hoxe pola coincidencia da efeméride coa festividade do Día Internacional das Mulleres--. Durante toda a mañá, membros do servizo realizaron accións co alumnado dos centros escolares San Francisco Xabier e Concepción Arenal, nas que introduciron, dun xeito didáctico, cuestións básicas de actuación en caso de incendio, do sistema de funcionamento dos detectores de fume ou vinculadas ás ferramentas e materiais dos vehículos que empregan os bombeiros nas súas saídas. As actividades continuarán durante toda a tarde, entre as 16.00 e as 19.30 horas, na mesma praza. Á vez, no Parque de Agrela realizaranse visitas guiadas ás instalacións, para achegar á cidadanía o labor do Servizo de Extinción de Incendios.

Enderezo:

Servizo de Extinción de Incendios - Bombeiros. Glorieta Eduardo Diz. 15008 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión