Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de agosto de 2019

Os coordinadores dos incendios de Gran Canaria e do rescate de Totalán participarán na Semana de Prevención de Incendios

A cita, que terá lugar do 10 ao 15 de outubro, incluirá actividades infantís e para persoas adultas na praza de María Pita, así como unha xornada de emerxencias o 3 de outubro

Bombeiros A Coruña e o Concello, en colaboración coa APTB (Asociación Profesional de Técnicos Bombeiros), organizan do 10 ao 15 de outubro a Semana da Prevención de Incendios A Coruña 2019, durante a que ofrecerán na praza de María Pita actividades infantís e para persoas adultas e que terá unha xornada de emerxencias o 3 de outubro, dirixida a profesionais do sector e interesados na materia. Por primeira vez poderanse escoitar nun evento deste tipo os coordinadores xerais que traballaron este verán nos lumes forestais de Gran Canaria e tamén os que dirixiron as operacións no rescate do pozo de Totalán, en Málaga.

Ademais, expertos instruirán as persoas asistentes na protección contraincendios nas edificacións e nos incendios industriais. Tamén haberá tempo para visitar un edificio singular, no que persoal cualificado fará unha análise dos medios de protección contraincendios.

En canto ás actividades para o público en xeral, haberá seis talleres para nenas e nenos, tanto de colexios como particulares, que se acheguen a María Pita, nos que poderán lanzarse por unha tirolesa, vestirse de bombeira ou bombeiro, xogar nunha casa inchable con fume ou facer un "rescate" en altura. Para as persoas adultas, a semana ofrécelles obradoiros sobre protección dos lumes no fogar e nos accidentes de coche ou no manexo de extintores e detectores de incendios. A semana que vén abrirase o prazo para inscribirse.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión