Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

Obxectos perdidos

Obxectos perdidos

Na oficina municipal de obxectos perdidos xestionada pola Policía Local da Coruña, custódianse diversos obxectos procedentes de achados ocorridos tanto na vía pública como nas instalacións de diversos organismos públicos ou privados, así como nas diferentes áreas comerciais desta cidade.

Se atopa algún obxecto extraviado da súa propiedade pode solicitar a devolución na devandita oficina, situada na rúa Tui s/n, previa demostración da titularidade por calquera medio admitido en dereito, sen prexuízo no seu caso, da obrigación de abonar os gastos orixinados ou satisfacer o premio á persoa que fixo entrega do achado.

Os obxectos perdidos documentados son todos aqueles que levan ou conteñen algún soporte documental, marca, anotación ou calquera outra circunstancia que permita identificar o propietario. Na Web se listan os obxectos perdidos indocumentados.

Horario de atención ao público: 8:30 a 14:00 horas de luns a venres.

Horario de atención telefónica: 09:00 a 13:30 horas de luns a venres.

Festivos pechado.

Teléfono: 981 189 899

NORMATIVA PARA A RECOLLIDA DE OBXECTOS

- Deberá identificarse sempre mediante D.N.I. ou documento identificativo válido.

- Cando o obxecto non sexa da súa titularidade, deberá estar autorizado, por escrito, pola persoa titular.

- Deberá indicar o número de referencia asociado ao obxecto perdido.

- No caso de obxectos de valor como xoiería, informática, etc. será necesario a presentación da factura de compra.

- Para os teléfonos móbiles será necesario presentar a caixa ou a factura onde apareza reflectido oº n IMEI.

- Se superado o tempo de dous anos (a contar tras a finalización da publicación no Taboleiro de Edictos Municipal) ningunha persoa acreditase a propiedade do obxecto, o concello daralle o fin regulamentario que establece a lexislación vixente, é dicir, a adxudicación da cousa achada ou o seu valor a quen a achase

SEDE ELECTRÓNICA - TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

Sede Electrónica - Tramitación Telemática

CONSULTE A LISTAXE:

- Objetos recepcionados entre el 6 y el 12 de Marzo

- Obxectos recibidos entre o 13 e o 19 de marzo

- Obxectos recibidos entre o 20 e o 26 de marzo

- Obxectos recibidos entre o 27 de marzo e o 2 de abril

- Objetos recepcionados entre el 03 y el 09 de Abril

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?