Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de novembro de 2019

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Acabar coa violencia sexual

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña organiza, con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha campaña de sensibilización, que aborda diferentes actividades, facendo especial fincapé na violencia sexual e que implica especialmente os homes porque sen eles non é posible acabar con esta secuela social.

A violencia contra as mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

O Concello da Coruña, con motivo do 25 N, pon en marcha a campaña "Non é posible sen vós", que busca implicar os homes na loita contra a violencia sexual.

A ONU achega datos alarmantes, feitos que todo o munco debe coñecer:

  • En todo o mundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental.
  • Só o 52% das mulleres casadas ou que viven en parella decide libremente sobre as relacións sexuais, o uso de anticonceptivos e a súa saúde sexual.
  • Case 750 millóns de mulleres e nenas que viven hoxe en día casaron antes de cumprir 18 anos, mentres que polo menos 200 millóns delas víronse sometidas á mutilación xenital feminina.
  • Unha de cada 2 de mulleres asasinadas en 2017 foi asasinada polo seu compañeiro sentimental ou un membro da súa familia. No caso dos homes, estas circunstancias unicamente se deron nun de cada 20 homes asasinados.
  • O 71% das vítimas da trata en todo o mundo son mulleres e nenas, e 3 de cada 4 delas son utilizadas para a explotación sexual.
  • A violencia contra a muller é unha causa de morte e incapacidade entre as mulleres en idade reprodutiva tan grave como o cancro e é unha causa de mala saúde maior que os accidentes de circulación e a malaria combinados.

No noso país en concreto, son dabondo coñecidos os asasinatos machistas e as violacións levadas a cabo en grupo ou de modo individual e a diferente resposta social a todo iso. É necesario formar a poboación en igualdade, e prestarlle especial atención á educación da infancia desde a escola e desde o propio sistema familiar.

Documentos:

Actividades do Concello da Coruña con motivo do 25 de novembro (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión