Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2020

Aclaración sobre as medidas de protección ás persoas que viven de alugueiro

Ante as dúbidas formuladas, queremos aclarar que as medidas tomadas polo Goberno para protexer as persoas que viven de alugueiro refírense única e exclusivamente a aquelas que están en situación de vulnerabilidade derivada de situacións provocadas polo COVID-19.

Aclárase que as medidas tomadas polo Goberno para protexer as persoas que viven de alugueiro refírense única e exclusivamente a aquelas que están en situación de vulnerabilidade, derivada de situacións provocadas polo COVID-19. As medidas son as seguintes:

  • Suspensión de todos os desafiuzamentos sen alternativa habitacional ata que se cumpran 6 meses desde a fin do estado de alarma.
  • Prórroga extraordinaria de 6 meses dos contratos de alugueiro de vivenda habitual a piques de vencer, para evitar subidas abusivas aproveitando o COVID-19.
  • Microcrédtos do Estado a tipo 0 de xuro, para devolver en 6 anos (ampliable a 10) para que quen caia en situación de vulnerabilidade poida facer fronte ao pago do seu alugueiro.
  • O Estado farase cargo das débedas de todas aquelas persoas inquilinas en situación de vulnerabilidade pola crise do coronavirus, que non logren saír desa situación e finalmente non poidan facer fronte á devolución das axudas públicas para o pago do alugueiro que se van poñer en marcha.
  • As/os grandes propietarios ou tedores de vivenda débenlles realizar ás súas persoas inquilinas unha quita do 50% ou ben unha reestruturación da débeda en 3 anos. E, en calquera caso, estas/es inquilinas/os tamén se poden acoller ás liñas de axuda públicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión