Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2020

Liña de atención telefónica gratuíta

Acompáñote

En momentos así, necesitámonos máis ca nunca. A soidade non é boa para ninguén. Se nos chamas, estaremos felices de escoitarte e poder ter contigo unha conversa na que, seguro, aprenderemos e compartiremos a través do teléfono unha chea de cousas que nos fagan sorrir. O teléfono está dispoñible desde hoxe en horario de 10.00 a 21.00 h.

Desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, queremos ir un pasou máis aló na axuda ás persoas durante o tempo de duración da crise da COVID-19.

É por iso que, despois da exitosa posta en marcha do servizo de voluntariado, que nos permitiu articular unha rede para os coidados básicos das persoas máis vulnerables, poñeremos en marcha a liña telefónica Acompáñote.

Sabemos que moitas persoas atópanse soas porque carecen de rede familiar e social na que apoiárense e moitas delas non teñen acceso ao mundo dixital polo que asomarse ao exterior, de maneira que non poder saír á rúa resúltalles moito máis duro.

Para todas esas persoas creamos este novo servizo. Acompáñote é un teléfono gratuíto ao que chamar para conversar sobre gustos, afeccións ou sobre todo aquilo que poida facernos máis levadío o día a día. Non é un teléfono de información sobre a pandemia nin de emerxencias. Só é un teléfono para ter a un amigo ou unha amiga con quen falar un pouco das cousas que nos fan sorrir.

Desde hoxe activarase este servizo e só con chamar ao 900 920 500 gozarás dun tempiño de entretemento e desconexión no que poder esquecer o momento polo que estamos a pasar.

Moito ánimo e lembrade que vos podemos axudar a soportar mellor estes días.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión