23 de febreiro de 2022
Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 2 ata o día 31 de marzo, ambos os dous días incluídos.
Hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor 2022/2023. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e na sede electrónica.
A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderán presentarse, logo da previa cita, nos rexistros municipais (praza de María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas entre o día 2 e o día 31 de marzo. A dita solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria, neste caso a alumna ou o alumno que efectivamente use o comedor escolar.
O trámite completo, cos anexos en word que hai que presentar, atópase máis abaixo en trámites relacionados
Todas as listas que se publiquen (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a persoa beneficiaria atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Realizaranse sesións informativas nos centros cívicos sobre a convocatoria de Bolsa Comedor. As datas son as seguintes:
DÍA HORA CENTRO CÍVICO
3 de marzo 20:00 h Mesoiro
8 de marzo 16:00 h Novoboandanza
9 de marzo 10:00 h Monte alto
11 de marzo 10:00 h Elviña
15 de marzo 10:00 h San Diego
16 de marzo 16:00 h Mallos
18 de marzo 12:00 h Labañou
Non é necesario inscribirse nestas sesións, son abertas á cidadanía ata completar a capacidade.
Documentos relacionados
Trámites relacionados
Enlaces relacionados
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible