Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de maio de 2022

Campamentos de verán municipais 2022

A preinscrición será en liña os días 1, 2 e 3 de xuño

Formas de facer a preinscrición:

  • Unicamente para aquelas persoas que non teñan acceso a Internet e en horario continuado das 8:00 ás 20:00 horas, chamando aos seguintes teléfonos:
    • 624 688 250
    • 624 688 243
    • 624 688 216

A preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase cunha ficha de coñecemento persoal que aparecerá na mesma páxina do formulario. Esta ficha permitiralle ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención dos/as menores.

Días de preinscrición

  • 1, 2 e 3 de xuño

Sorteo

  • 13 de xuño

Publicación de listas de preinscricións

  • 8 de xuño. A información colocarase na porta principal de cada centro cívico e publicarase nesta mesma web. Tamén se poderá consultar no teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Reclamacións

  • 9, 10 e 11 de xuño chamando ao teléfono 624 688 250 en horario das 9:30 ás 19:30 h.

Sorteo de prazas

  • 13 de xuño

Publicación das listas de admisións

  • 20 de xuño

En caso de haber prazas vacantes, chamarase por teléfono a quen quedase en lista de espera.

Días de inscrición

  • 21, 22 e 23 de xuño

A cota aboarase na conta bancaria correspondente a cada modalidade de campamento (ver contido relacionado máis abaixo).

Prezo dos campamentos

  • 26 euros para os campamentos urbanos en horario xeral
  • 32 euros para os campamentos urbanos en horario ampliado
  • 85 euros para os campamentos de día
  • 85 euros para os campamentos tradicionais

*Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

**A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.

PERSOAS DESTINATARIAS

Nenos e nenas nacidos do 1/01/2010 ao 31/12/2018, nos campamentos de día e urbanos

Nenos e nenas nacidos do 1/01/2006 ao 31/12/2014, nos campamentos tradicionais

ESPAZOS DE REALIZACIÓN DOS CAMPAMENTOS

Os centros cívicos para os campamentos urbanos, instalacións do colexio Calasanz PP Escolapios para os campamentos de día e o Albergue de Quiroga (Lugo) para os tradicionais.

*O espazo de realización poderá variar por motivos de dispoñibilidade.

Mais información, descargando o documento que se atopa a continuación.

Documentos:

Campamentos urbanos, de día e tradicionais 2022 (772 KB)

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión