Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2021

Campamentos urbanos de Nadal 2021 nos centros cívicos municipais

Para menores que naceron entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017. A preinscrición será os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña organiza os campamentos urbanos de Nadal 2021 para nenas e nenos. Este ano, as actividades dos campamentos centraranse nos personaxes máis emblemáticos desta época. Desde trasgos ata o Grinch, descubriremos contos do Nadal cheos de mensaxes sobre igualdade, consumo responsable e emocións.

Ofrécense 525 prazas, repartidas en 35 grupos. As prazas para menores con diversidade funcional son 15. O número de prazas estará supeditado sempre ás restricións ás que puidesen obrigar as autoridades sanitarias.

CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL:

Lugar de realización dos campamentos: centros cívicos da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña

DÍAS: 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4, 5, 7 de xaneiro

PERSOAS DESTINATARIAS: menores que nacesen entre o 01/01/2009 e o 31/12/ 2017

HORARIO:

  • Xeral: de luns a venres de 10.00 a 14.00 h
  • Ampliado: de luns a venres de 9.00 a 14.30 h

PREZO POR PARTICIPANTE:

  • Horario xeral: 26 €
  • Horario ampliado: 32 €

CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO OU XERAL: Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Cidade Vella, Eirís, Elviña e Novoboandanza.

CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL: A Silva, Santa Margarida, Feáns, Sagrada Familia, Santa Lucía, Pescadores, San Pedro de Visma e Artesáns.

PREINSCRICIÓN: 29, 30 de novembro e 1 de decembro nesta mesma web (o formulario está ao final desta noticia no espazo correspondente a TAMÉN CHE PODE INTERESAR) ou chamando ao teléfono gratuíto 010.

SORTEO: 2 de decembro ás 10.30 h en cada centro cívico

PUBLICACIÓN DE LISTAS DE PREINSCRICIÓNS: 3 decembro nos centros cívicos, chamando ao 010 ou nesta mesma web.

RECLAMACIÓNS: do 4 ao 7 de decembro enviando un correo electrónico a campamentos@serviplus.org ou chamando ao 010.

PUBLICACIÓN DE LISTAS DE ADMISIÓNS E ESPERA: 13 decembro en centros cívicos, 010 ou nesta mesma web

  • PAGO: 14, 15 e 16 de decembro. Para realizar o pago hai varias opcións:
  1. A través de transferencia bancaria ao n.º de conta ES76 2080 0036 6230 4002 1977, enviando o xustificante de pago a campamentos@serviplus.org co nome e apelidos, centro cívico e modalidade horaria.
  2. Nesta mesma web, achegando no formulario o xustificante de pago conforme se realizou a transferencia bancaria (está a ligazón abaixo, en TAMÉN CHE PODe INTERESAR).
  3. Presencial: No Centro cívico de Monelos en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h.

XESTIÓN DA LISTA DE ESPERA: a partir do 17 de decembro

Información xeral e recomendacións

  • Terán preferencia as e os menores empadroados no Concello da Coruña.
  • Reservarase un 20% de prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.
  • Cada grupo estará formado por 15 menores e deberá haber un mínimo de 9 para formar grupo.
  • Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor, en caso contrario anularanse todas.
  • Ofertaranse 15 prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas de diversidade funcional terán un sorteo propio, diferenciado do sorteo da cota xeral.
  • Para unha correcta atención de menores que soliciten praza pola cota de diversidade funcional, deberase cubrir unha ficha de coñecemento persoal no momento da preinscrición.
  • O monitorado de apoio para menores con diversidade funcional estará capacitado para acometer tarefas hixiénico-sanitarias básicas.
  • Non formalizar a inscrición no prazo e horario establecido supoñerá a perda de dereito á praza.
  • Unha vez realizado o pago do campamento non se terá dereito á devolución excepto por causas imputables a quen preste o servizo.
  • Os horarios do campamento ampliado e xeral son de obrigado cumprimento, tanto á entrada como á saída.
  • Na modalidade de horario ampliado, requiriranse como mínimo 6 participantes para realizar grupo.
  • Será obrigatorio usar a máscara para as/os maiores de 6 anos e recomendable para as/os de 4 a 6 anos.
  • Se unha/un menor resulta admitida/o e ten irmás ou irmáns co número correlativo de preinscrición, ben sexa posterior ou anterior, todas/os obterán praza, coa condición de que pertenzan á mesma cota.
  • Levar roupa e calzado cómodo.
  • Non levar aparellos electrónicos, videoconsolas, móbiles, diñeiro ou obxectos de valor. A organización non se fará responsable das perdas que poidan producirse durante o campamento.
  • É aconsellable que non asistan aos campamentos os e as menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún dos seguintes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, erupcións, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias, ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión