20 de maio de 2021
A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Servizo Municipal de Acción Social, organiza un ano máis os Campamentos Urbanos nos Centros Cívicos.
Realizaredes actividades lúdicas, xogos cooperativos, producións plásticas, etc…cunha metodoloxía dinámica e participativa. E en todas as xornadas dedicaredes una sesión a practicar o voso inglés…esperámosvos un ano máis!
CALENDARIO
Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio
*Un mesmo menor pode solicitar ata tres quendas de campamento urbano, no mesmo centro cívico ou en centros cívicos diferentes por orde de preferencia
**Non se poden solicitar as mesmas quendas en centros cívicos diferentes.
***No caso de detectarse as mesmas peticións para un mesmo menor en varios centros cívicos, anularánselle todas.
****No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/o recibirá un correo electrónico co resumo da mesma.
*****A preinscrición dos/das menores que soliciten praza diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal. Esta ficha permitirá ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.
******Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional, terán unha numeración e un sorteo propio
Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio
*As listaxes poderán consultarse nas webs coruna.gal/campamentos2021 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 ou nas portas dos centros cívicos
Reclamacións: 01, 02 e 03 de xuño
Sorteo das prazas: 04 de xuño
Publicación de listaxes de admitidas/os: 10 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2021 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos.
*Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.
Inscrición: do 11 ao 15 de xuño
*Requirirase un número mínimo de 9 participantes por grupo para formar o mesmo.
**Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.
***A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.
PERSOAS DESTINATARIAS
Menores nadas/os entre o 01/01/2009 ao 31/12/2017
*Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.
**Existe reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais
QUENDAS
1ª Quenda: do 1 ao 15 de xullo 2021
2ª Quenda: do 16 ao 31 de xullo de 2021
3ª Quenda: do 1 ao 15 de agosto de 2021
4ª Quenda: do 16 ao 31 de agosto de 2021
5ª Quenda: do 1 ao 10 de setembro de 2021.(no caso de comenzar antes ao curso escolar, finalizaría o día anterior ao mesmo)
HORARIO
Xeral: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h
Ampliado: de luns a venres de 09:00 a 14:30 h
*Os días festivos non haberá campamento.
ESPAZO DE REALIZACIÓN
En horario xeral e ampliado en tódalas as quincenas nos seguintes Centros Cívicos: Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Mallos, Novo Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego.
En horario xeral nas dúas quincenas do mes de xullo nos seguintes Centro Cívicos: Santa Margarida, Feáns, San Pedro de Visma, A Silva, Artesáns, Sagrada Familia, Santa Lucía e Pescadores.
Nº PRAZAS
1.350
COTA DE INSCRICIÓN
26,00 € para horario xeral
32,00 € para horario ampliado
*No momento de formalizar a inscrición facilitarase o número de conta no que realizar o pagamento así como un enderezo electrónico ao que enviar o comprobante de telo feito.
+ información e inscripción en coruna.gal/campamentos2021
Díptico informativo dos campamentos urbanos dos centros cívicos (447 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible