Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso de acollemento lingüístico a persoas inmigrantes e emigrantes retornadas

O Servizo de Normalización Lingüística e a Unidade de Atención á poboación Migrante (Uami) do Concello da Coruña organizan un curso de acollemento lingüístico a persoas inmigrantes e emigrantes retornadas que terá lugar na Uami no mes de novembro.

A quen vai dirixido?:

Emigrantes retornados/as e inmigrantes maiores de idade que residan no concello da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/11/2017 ás 10:00 ata o 17/11/2017 ás 13:00 , os luns, martes, mércores, xoves e venres

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/10/2017 ata o 06/11/2017

Actividade limitada a 12 prazas

Horario:

De luns a venres de 10.00 a 13.00 h 

30 horas de duración

Duración:

3 horas diarias

Enderezo:

Unidade de Asesoramento ás Migracións - UAMI. Rúa Nosa Señora s/n. 15007 A Coruña

Requisitos:

É necesaria a inscrición, que se abrirá o luns 16 de outubro ás 9.00 h

A inscrición pódese facer dos seguintes xeitos:

  • Presencial na conserxaría do Centro Ágora
  • No teléfono 981 189 888 (a partir das 9.00 h)
  • Enviando un correo electrónico a lingua(a)coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

lingua@coruna.es

981 189 888, ext. 34311 e 34310

Nos últimos anos estase detectando o incremento notable de emigrantes retornados/as e tamén de inmigrantes nalgunhas comarcas do país.Tanto nun caso coma no outro son persoas que ou ben permaneceron durante moitos anos alleos á lingua e á cultura galegas, ou senón nunca tiveron contacto con ela.

Para facilitarlles a integración na sociedade en que van vivir precisan coñecer tanto a lingua como a cultura galegas. Este obradoiro que vimos presentar, sería un paso previo para a futura realización dos cursos oficiais de iniciación e perfeccionamento, aos que chegarán así cunha base que lles permitirá aproveitar mellor os contidos que alí se lles presentan.

Este obradoiro incluirá contidos básicos de galego dirixidos para non galegofalantes, pero ademais incluirá tamén algúns cuestións básicas sobre a situación actual do uso da lingua galega, de lexislación lingüística, de cultura e sociedade galega, e nomeadamente sobre o seu concello e a súa comarca, etc.

Os obxectivos do obradoiro son: 

  • Facilitarlles a integración na sociedade galega e da comarca aos/ás emigrantes retornados/as e aos/ás inmigrantes.
  • Darlles a coñecer a historia e situación de Galicia e do Concello da Coruña, da sociedade, da cultura e, nomeadamente, da lingua.
  • Facilitarlles unhas nocións básicas para a comprensión oral e escrita da lingua galega.
  • Facilitarlles unha nocións básicas para a fala e escrita da lingua galega

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión