Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2019

Fallo da IX edición do concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan"

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña fallou a IX Edición do concurso de viñetas "Sen adiccións...un bo plan", para a promoción do lecer saudable na mocidade.

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña fallou a IX Edición do concurso de viñetas: "Sen adiccións... un bo plan", para a promoción do lecer saudable na mocidade e a súa  implicación no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas.

A temática que se abordou nesta edición foi  para a categoría 1 (alumnos/as de 1º e 2º de ESO) "Lecer saudable... un bo plan" e para a categoría 2 (alumnos/as de 3º e 4º de ESO e FP básica) "Sen alcol e outras adiccións...un bo plan"

Presentaron as súas obras a concurso un total de 726 mozos/as que cursan ESO na cidade, de forma individual ou promovidos polo seu centro escolar. O xurado destaca a labor realizada polos centros escolares de enseñanza secundaria da ciudade á hora de difundir e promover a participación neste concurso entre os seus alumnos.

As viñetas presentadas respetan na súa totalidade as bases do concurso. Nelas os autores reflicten a información recibida sobre a importancia da utilización saudable do lecer e dos coñecementos adquiridos nos talleres de prevención de adiccións  realizados nos centros escolares e da información preventiva recibida por distintos medios.

O xurado da IX Edición do concurso de viñetas "Sen adicción...un bo plan", para promoción do lecer saudable na mocidade,  reunido o día 9 de decembro ás  14:00 h,  procedeu a valoración das viñetas presentadas e fallou como premiadas as viñetas deseñadas polos seguintes participantes:

Categoría 1 (mocidade que cursa 1º -  2º de ESO):

Leticia Yañez Carpintero,  que cursa 1º de ESO no Centro Plurilingue Compañía de María.

Categoría 2 (mocidade que cursan 3º - 4º de ESO ou FP básica):

Nicole Rodríguez Leva, cursa 3º ESO, que  participoú de forma individual.

Accesit categoría 1 (mozas que cursan 1º e 2º de ESO):

Estefana Volontir, que cursa 1º de ESO no IES Agra do Orzán.

Accesit categoría 2 (mozas que cursan 3º e 4º de ESO e FP básica):

Raquel González Calvo, que cursa 4º da ESO no IES Salvador de Madariaga.

Accesit especial

A calidade das viñetas foi acorde coa amosada nas anteriores edicións, aínda que pola calidad das viñetas dos máis mozos e o número de participantes o Xurado da IX Edición do concurso "Sen adiccións, un bo plan" considerou otorgar, de forma puntual nesta edición, ademáis dos accésit anteriores, un accésit especial na categoría 1.

Este accésit especial  recae na viñeta presentada por Mariña Castro Souto que cursa 1º de ESO no IES Ramón Menéndez Pidal.

Entrega dos premios

Realizarase o día 16 de decembro ás 13:00 horas no Salón Real do Concello da Coruña pola Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Yoya Neira.

As viñetas gañadoras pasan a ser propiedade do Concello da Coruña e poden ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo ou preventivo organizadas pola Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión