Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2021

Convocatoria de setembro de 2021

Listas de admisións nas actividades socioculturais dos centros cívicos 2021

Reclamacións: días 22 e 23 de setembro a través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 h. Prazo de inscrición e pago de taxas os días 24, 27 e 28 de setembro.

Podes consultar a lista de admisións nos documentos que se achegan.

Unha vez comprobada a inclusión nas listas de persoas admitidas, deberase retirar, no centro cívico correspondente, o impreso municipal de autoliquidación de taxas, necesario para poder aboar, na entidade bancaria e no número de conta que figura no propio impreso, o prezo público que corresponda.

Para formalizar a inscrición definitiva nunha determinada actividade, as persoas incluídas nas listas de admisións deberán presentar, no mesmo centro cívico no que se realiza a actividade, o xustificante conforme realizou o pago na entidade bancaria. Este trámite de presentación deberá realizarse - necesariamente- dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria, xa que de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

De acordo coas novas medidas específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG núm. 175-bis no punto 4.4, do venres 10 de setembro de 2021, as actividades socioculturais de tipo grupal que se levarán a cabo nos centros cívicos municipais, terán unha capacidade de 6 persoas sexan ou non conviventes, sen contar coa monitora ou monitor.

Documentos relacionados

  • CC A Silva actividades Admisións (422 KB)
  • CC Artesáns actividades Admisións (686 KB)
  • CC Castrillón actividades Admisións (950 KB)
  • CC Cidade Vella actividades Admisións (792 KB)
  • CC Eirís actividades Admisións (792 KB)
  • CC Elviña actividades Admisións (791 KB)
  • CC Feáns actividades Admisións (424 KB)
  • CC Labañou actividades Admisións (793 KB)
  • CC Mallos actividades Admisións (950 KB)
  • CC Mesoiro actividades Admisións (792 KB)
  • CC Monelos actividades Admisións (1 MB)
  • CC Monte Alto actividades Admisións (949 KB)
  • CC Nostián actividades Admisións (460 KB)
  • CC Novoboandanza actividades Admisións (797 KB)
  • CC Palavea actividades Admisións (471 KB)
  • CC Pescadores actividades admisións (370 KB)
  • CC Rosales actividades Admisións (951 KB)
  • CC Sacra Familia actividades Admisións (317 KB)
  • CC San Diego actividades Admisións (946 KB)
  • CC San Pedro de Visma actividades Admisións (318 KB)
  • CC Santa Lucía actividades Admisións (108 KB)
  • CC Santa Margarida actividades Admisións (369 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión