Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

Máis de medio millón de euros para as bolsas de comedor escolar

Máis orzamento para o 2021

O Concello da Coruña, en sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local do día 25 de novembro, aumentou o orzamento das bolsas para os comedores escolares en máis de medio millón de euros. Do novo crédito, 100.000 euros serán con cargo ao orzamento do presente ano e 450.000 euros serán con cargo ao do ano que vén.

O presente curso escolar foi o de maior concesión de bolsas da historia desta prestación, que comezou a súa andaina a principios dos anos 90. Desde entón foron moitos os cambios que viñeron sucedendo para mellorar. O primeiro ano contouse cun orzamento de 75.000 pesetas (aproximadamente uns 450 euros) para sacar adiante estas bolsas, que se concedían a un reducido número de escolares que eran trasladados á hora para comer a uns poucos colexios concertados da cidade, que dispoñían de comedor. Para iso o concello asinou convenios de colaboración con estes colexios e sufragou os gastos non só da comida senón tamén de transporte e monitoras/es necesarios.

Actualmente a maioría dos colexios públicos e concertados da cidade contan con comedores e escolares que se benefician destas bolsas, das cales foron concedidas para o presente curso escolar 2.237, fronte a 1.404 do curso anterior.

É de prever que as necesidades económicas da poboación sigan aumentando xa que moitas persoas viron reducidos drasticamente os seus ingresos como efecto colateral da pandemia. De aí o incremento orzamentario do concello, no seu firme compromiso de non deixar a ninguén atrás.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión