Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2022

O Concello da Coruña pon a disposición tres puntos violetas para a prevención e atención de violencias machistas

Os puntos serán atendidos por dúas psicólogas e unha técnica de igualdade e estarán situados na praza de Pontevedra, Escravas e Parrote

O Concello da Coruña colocará tres puntos violetas dende o 12 ao 15 de agosto, con motivo da celebración das Festas de María Pita e o Festival Noroeste Estrella Galicia. Esta medida foi impulsada polo Goberno de Inés Rey durante o dispositivo de emerxencias de San Xoán, cando se ofreceu por primeira vez información e atención á cidadanía ante posibles actos de violencia machista.

Tras a positiva experiencia no San Xoán, con tres espazos de atención aos que se achegaron máis de 600 persoas para solicitar información, o Concello da Coruña preveu manter o servizo en todos os grandes eventos da cidade. Durante as Festas de María Pita xa se puxo a disposición un punto violeta durante a noite do 2 de agosto, con folletos informativos sobre sexualidade sen violencia, reparto de pulseiras de temática feminista e material didáctico orientado especialmente a mozos e mozas.

Os puntos violetas son espazos seguros nos que se ofrece información, asesoramento e atención psicolóxica ás adolescentes e mulleres en materia de violencia machista, en especial para aquelas violencias de carácter sexual. Cada punto será atendido por dúas psicólogas e unha persoa técnica en igualdade, co obxectivo de prestar o servizo máis axeitado en canto a atención e sensibilización ante posibles vítimas así como de información en materia de igualdade para a cidadanía xeral.

Con esta medida, o Goberno de Inés Rey fortalece o seu compromiso coa igualdade entre homes e mulleres, fomentando a celebración de festas e grandes eventos en igualdade de condicións de seguridade para todas e todos.

Localización e horario dos Puntos Violeta

Os puntos violetas estarán a disposición da cidadanía entre os días 12 e 15 de agosto, co seguinte horario e localizacións:

  • 12 e 13 de agosto. Na Praza de Pontevedra con Eusebio A Guarda, en horario de 21.00 a 2.30 h.
  • 14 de agosto. Nas Escravas, ao lado do Playa Club de Riazor, en horario de 23.00 a 2.00 h. 
  • 15 de agosto. No Parrote coa Rúa Santiago, en horario de 21.30 a 1.30 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión