Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de decembro de 2020

O Concello lanza un programa de canguraxe para apoiar as familias con crianzas confinadas

A concelleira Yoya Neira sinala que “a iniciativa municipal Canguros COVID Concilia nace co obxectivo de dar resposta á atención a menores confinados por un posible contacto de coronavirus durante a xornada laboral mentres as persoas responsables acoden aos seus postos de traballo”

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, lanza o programa Canguros COVID Concilia para apoiar as familias no coidado e apoio educativo das nenas e nenos en situación de illamento preventivo derivado dun posible contacto de COVID-19 que teñan que estar en confinamento domiciliario por indicacións de saúde. Desde a concellería aseguran que se trata de atender situacións xeradas por peches de aulas; confinamentos por ser contacto estreito, con PCR negativo e carácter preventivo; e se non hai máis remedio, peches de colexios ou garderías.

A concelleira Yoya Neira sinala que "a iniciativa municipal Canguros COVID Concilia nace co obxectivo de dar resposta á atención a menores confinados por un posible contacto de coronavirus durante a xornada laboral mentres as persoas responsables acoden aos seus postos de traballo". Nestas situacións, as persoas responsables do/a menor non son confinadas co que a consecuencia inmediata é que a crianza pódese quedar no domicilio sen ningún tipo de coidado e apoio en especial en todas aquelas unidades familiares en situación de vulnerabilidade social. A iniciativa ofrece os seguintes servizos:

  • Servizo de coidado dirixido a menores de entre 4 meses e seis anos: ofrécense coidados e atención a estes menores no seu propio domicilio. Con carácter xeral o servizo prestaríase entre as 7:30 horas e as 22:00 horas. Con carácter extraordinario, debidamente xustificado tecnicamente ampliaríase ata as 23:00 horas.
  • Servizo de apoio educativo dirixido a menores de 6 a 12 anos: ademais dos coidados incluiríase o apoio educativo para poder seguir o curso escolar de maneira telemática ou a través da remisión de deberes ao centro escolar, prestando tamén apoio a problemas derivados do acceso ás plataformas educativas. Con carácter xeral o servizo prestaríase de 7:30 a 22:00 horas. Con carácter extraordinario, debidamente xustificado tecnicamente, ampliaríase ata as 23:00 horas.

En todo caso, para o acceso a ambas as tipoloxías de servizos será necesario que o ou a menor conte cunha PCR negativa.

Toda a información sobre este servizo pódese consultar no portal web municipal de Igualdade: https://www.coruna.gal/igualdade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión