Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de xuño de 2019

Se tes entre 12 e 30 anos pódeste apuntar

Lecer saudable

A inscrición para actividades xuvenís do programa de lecer saudable realizarase entre o 25 e o 27 de xuño

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO LECER SAUDABLE PARA MOZAS E MOZOS EN CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS 2019

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados leva a cabo o Programa de promoción do lecer saudable para mozos nos centros cívicos e a súa contorna, no que oferta actividades dirixidas a mozas de 12 a 30 anos, que se desenvolverán principalmente nos meses de xullo e agosto.

Este programa, cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, ten como obxectivos principais promover hábitos saudables, reforzar o lecer saudable e prever condutas inadecuadas entre as mozas e os mozos mediante a promoción de actividades alternativas relacionadas co lecer construtivo.

As accións que se van realizar son de tipo deportivo, ambiental, artístico, audiovisual, formativo..., de distinta duración. Entre as actividades en que poderán participar as e os mozos desde 12/13/14 anos (dependendo da actividade) ata 17 anos, están Surf Experience, cociña básica de supervivencia, zumba, volei praia, baile moderno, cociñas do mundo, xornada de iniciación á astronomía, iniciación á robótica, recuncho de estudo da ESO, iniciación a youtuber, creación de curtametraxes con móbiles, xornada multiaventura, iniciación ao debuxo manga...

Os mozos e mozas de 18 a 30 anos poderán participar en creación de páxinas web, cociña do mundo, cociña da avoa, zumba, fotografía analóxica, xornada de iniciación á astronomía...

A inscrición para estas actividades realizarase do 25 a 27 de xuño, das 11:00 ás 13:00 h e das 17:30 ás 19:30 h, nos centros cívicos nos que se desenvolve cada unha das accións.

As actividades son gratuítas e as prazas limitadas. A admisión nas actividades será por orde de inscrición.

A realización de actividades estará condicionada á existencia dun número mínimo de persoas inscritas, que pode variar segundo as características de cada unha das accións.

Para máis información, pódense dirixir aos centros cívicos municipais.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión