Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de novembro de 2017

Preinscrición para campamentos urbanos de Nadal nos centros cívicos municipais

Os días 1 e 2 de decembro en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 h, no centro cívico municipal no que se desexe realizar o campamento. Para menores nados entre o 01/01/2005 e o 31/12/2013.

Os campamentos urbanos de Nadal ofértanse nos centros cívicos que se enumeran a continuación. En todos os centros teñen horario xeral de 10:00 a 14:00 h e ademais, nos centros sinalados cun asterisco, existe a posibilidade de solicitar horario ampliado de 9:00 a 14:30 h.

  • Centro cívico Artesáns
  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico Castrillón*
  • Centro cívico Cidade Vella
  • Centro cívico Eirís
  • Centro cívico Elviña
  • Centro cívico Feáns
  • Centro cívico Labañou
  • Centro cívico Mesoiro*
  • Centro cívico Monelos*
  • Centro cívico Monte Alto*
  • Centro cívico Novoboandanza
  • Centro cívico Os Mallos*
  • Centro cívico Palavea
  • Centro cívico Pescadores
  • Centro cívico Rosales*
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico San Diego*
  • Centro cívico Santa Margarida

Nos campamentos realizaranse xogos cooperativos, actividades lúdicas, artísticas, musicais etc. En todas as xornadas, dedicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.

Días do campamento:

  • 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017
  • 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018

Preinscrición:

  • Días: 1 e 2 de decembro
  • Horario: de 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h
  • Lugar: no centro cívico municipal no que se desexe realizar o campamento.
  • Soamente se poderá solicitar unha preinscrición por menor.

Sorteo público:

  • Día: 2 decembro ás 20:35 h nos centros cívicos municipais

Publicación de lista de admisións e reservas:

  • Día: 14 de decembro
  • As listas de admisións poderanse consultar nos centros cívicos municipais, no Teléfono de información cidadá 010 e nesta web.

Cota de inscrición:

  • 26 € por participante no horario xeral
  • 32 € por participante no horario ampliado

Inscrición:

  • Días: 15 e 16 de decembro
  • Horario: 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h
  • Lugar: centro cívico no que se obtivo a praza

Ao final desta noticia, podes descargar o formulario de preinscrición dos campamentos urbanos de Nadal.

Documentos:

Preinscripcion-campamentos-Navidad.pdf (483 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión