Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de novembro de 2022

O prazo para presentar a documentación requirida é do 18 de novembro de 2022 ata o día 1 de decembro de 2022.

Publicación da listaxe de requirimento de corrección de solicitudes sobrevidas de Bolsa comedor 2022/2023

Solicitudes de bolsa comedor sobrevidas con data de rexistro desde o 01/04/2022 ao 07/09/2022.

Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a listaxe de requirimento de documentación e corrección de solicitudes sobrevidas presentadas do 1/04/2022 ao 07/09/2022 da convocatoria de Bolsa comedor do curso 2022/2023.

O prazo para presentar a documentación requirida é do 18 de novembro de 2022 ata o día 1 de decembro de 2022.

Como consultar a listaxe?:

As solicitudes de Bolsa comedor por causa sobrevida están publicadas segundo o código do asento (COD.ASENTO). O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números.

Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do rexistro.

Se se presentou a solicitude no rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou a solicitude na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" o selo dixital de rexistro.

Na columna REQUIRIMENTOS do documento relaciónase a documentación que teñen que presentar as persoas solicitantes e ás que se lles concede un prazo de 10 días hábiles para emendar a solicitude.

Advírteselles ás persoas solicitantes que constan na listaxe de requirimento de documentación que, de non atender este requirimento ou non facelo de xeito adecuado, entenderase que desisten da súa respectiva solicitude.

A documentación poderase presentar:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum e a Franxa con cita previa*
  • Na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

*Cita previa: para presentar a documentación nos rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum e Franxa hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal https://citaprevia.coruna.gal/ ou no Teléfono de Atención Cidadá 010.

Documentos:

Requirimentos documentación solicitudes BC presentadas do 01/04/2022 ao 07/09/2022 (511 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión