Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2019

Actividades lúdicas nos centros cívicos municipais

Recuncho do xogo 2019

Recuncho do Xogo vai dirixido a nenas e nenos nados entre o 01/01/2007 e o 31/12/2015. Preinscricións os días 22,23 e 25 de marzo no horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00. As actividades serán o 15, 16 e 17 de abril.

As próximas vacacións escolares, nos centros cívicos municipais, ofértanse un total de 460 prazas, 10 das cales serán para menores con necesidades educativas especiais (NEE)  en grao que lles permita interactuar co grupo. Estes menores  contarán con persoal de apoio pedagóxico e didáctico, que facilitará a realización das actividades programadas, contribuíndo á mellora das capacidades dos nenos e nenas con NEE. Este persoal de apoio  non  asumirá tarefas hixiénico sanitarias.

Datas de realización das actividades : 15, 16 e 17 de abril de 2019

Relación de  centros cívicos nos que se desenvolverá o Recuncho do Xogo:  

  • Centro cívico Artesanos 
  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico Castrillón *
  • Centro cívico Ciudad Vieja
  • Centro cívico Eirís
  • Centro cívico Elviña
  • Centro cívico Labañou
  • Centro cívico Os Mallos *
  • Centro cívico Mesoiro *
  • Centro cívico Monelos *
  • Centro cívico Monte Alto *
  • Centro cívico Novoboandanza
  • Centro cívico Palavea
  • Centro cívico Pescadores
  • Centro cívico Rosales *
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico San Diego *
  • Centro cívico Santa Margarita

Horarios:

O horario xeral desta actividade será de 10:00 a 13:30 h

Nos centros sinalados cun asterisco (*), existe a posibilidade de solicitar horario ampliado de 9:00 a 14:00 h

Custo da actividade:

-Horario xeral: 7.00€ por participante

-Horario ampliado: 11.00€ por participante

Preinscrición: 22,23 e 25 de marzo no horario de 11:00 a 13:00h  e de 17:00 a 20:00h

Sorteo público: 25 de marzo ás 20:15h

Publicación das listaxes de admisións e listaxe de agarda: 5 de abril

Inscrición: 8,9 e 10 de abril no horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00h.

ATENCIÓN: O HORARIO AMPLIADO DESTA ACTIVIDADE SERÁ DE 9:00 A 14:30 HORAS, NON DE 9:00 A 14:00

Documentos:

Cartel informativo (942 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión