Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2018

Sorteo para as actividades socioculturais dos centros cívicos

Convocatoria xaneiro 2019

A partir dos números resultantes nos diferentes sorteos de cada centro cívico, segundo a numeración das preinscricións e por rigorosa orde correlativa, elaboraranse as listaxes provisionais de admisións nas actividades e as listas de espera.

Sorteos actividades socioculturais:

  • Centro cívico A Silva: 60
  • Centro cívico Artesáns: 264
  • Centro civico Castrillón: 126
  • Centro cívico Cidade Vella: 210
  • Centro cívico Eirís: 144
  • Centro cívico Elviña: 236
  • Centro cívico Feáns: 31
  • Centro cívico Labañou: 273
  • Centro cívico Os Mallos: 324
  • Centro cívico Mesoiro: 238
  • Centro cívico Monelos: 12
  • Centro cívico Monte Alto: 381
  • Centro cívico Novoboandanza: 137
  • Centro cívico Palavea: 77
  • Centro cívico Pescadores: 159
  • Centro cívico Rosales: 366
  • Centro cívico San Pedro de Visma: 18
  • Centro cívico Sagrada Familia: 94
  • Centro cívico San Diego: 344
  • Centro cívico Santa Margarida: 143

Sorteo clubs:

  • Centro cívico A Silva: 1
  • Centro cívico Elviña: 1
  • Centro cívico Labañou: 10
  • Centro cívico Os Mallos: 91
  • Centro cívico San Diego: 101
  • Centro cívico Monelos: 10
  • Centro cívico Monte Alto: 124
  • Centro cívico Palavea: 9
  • Centro cívico San Pedro de Visma: 6

Publicación das listaxes provisionais de admisións e listaxes provisionais de espera

21 de xaneiro de 2019. Ambas as listaxes poderanse consultar nos taboleiros de anuncios dos centros cívicos, nesta páxina web e no Teléfono de Información Cidadá 010.

Prazo de inscrición

23, 24 e 25 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

As persoas admitidas retirarán no centro cívico, no período de inscrición, o impreso municipal de pago e deberán aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda, segundo a duración da actividade. O prezo público establécese segundo a Ordenanza fiscal núm. 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

Unha vez aboado na entidade bancaria o prezo público correspondente a cada actividade na que resultasen pre-admitidas, é imprescindible entregar no centro cívico correspondente o resgardo bancario selado pola entidade.

Ambos os trámites (aboamento do prezo público e presentación no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria), deberán realizarse dentro do prazo e horario establecidos para a inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e procederase a chamar a persoa que corresponda da lista de espera.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión