Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de adornos de 4 a 6 anos

A actividade comezará coa lectura do conto escrito por Xoan G. do Apalpador, figura mitolóxica que está ligada á tradición do Nadal. O Apalpador, un carboeiro, baixa a noite do 31 de decembro para visitar as nenas e os nenos, tocarlles o ventre para ver se comeron o suficiente durante o ano; déixalles unha bolsa chea de castañas e deséxalles un ano novo cheo de felicidade e "fartura". Unha vez finalizado o conto, as persoas participantes crearán os seus propios adornos do Nadal para colgar na árbore de Nadal.

A quen vai dirixido?:

Infancia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/12/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/12/2019 ata o 20/12/2019

A inscrición realizarase na conserxería do centro cívico.

É conveniente confirmar todas as datas co centro cívico.

Horario:

De 11:00 a 12:30 h

Enderezo:

Centro Cívico A Silva. Lugar Silva de Arriba 19, A. 15010 A Coruña

Prezo:

Actividade gratuíta

Requisitos:

Menores entre 4 e 6 anos

Ter realizada a inscrición

Organiza:

Centro Cívico A Silva

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión