Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2022

Obradoiro de dó

Dirixido a maiores de 16 anos

O dó é un proceso que sucede tras a perda dun ser querido. A profunda tristeza, o estrés, a ansiedade e todas as emocións asociadas a esa perda, son difíciles de afrontar. Xestionar todo isto é fundamental para a nosa saúde mental.

Neste obradoiro gratuíto trataremos de aprender a transitar por todas as etapas do dó e manexar as emocións que nos asaltan nesa situación.

O taller desenvolverase para toda a cidade no centro cívico de Monelos os luns de 17.30 a 19.30 horas desde o día 10 de outubro e ata o 28 de novembro.

Realizarase tamén a inscrición presencialmente neste centro cívico desde o día 27 de setembro ata o 8 de outubro ou chamando ao teléfono 981 189 817.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Posteriormente farase outra edición deste mesmo obradoiro no centro cívico de San Diego, do que se informará no momento oportuno.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión