Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de outubro de 2021

Talleres de educación para o consumo nos centros cívicos municipais

levarán a cabo en colaboración coa Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)

A concellería de Igualdade , Benestar social e Participación realizará en colaboración coa OMIC, talleres de educación para o consumo que se impartirán nos centros cívicos municipais durante os meses de novembro e decembro .

Os talleres que se impartirán serán:

  • A nosa factura da luz: Aprenderemos a coñecer a nosa factura eléctrica, que significan os diferentes conceptos que aparecen nela, como minimizar os gastos, saber como e onde presentar reclamacións, etc.
  • Coñecemos o mercado eléctrico: Aprenderemos a distinguir cales son as diferentes propostas existentes no mercado así como as diferentes empresas eléctricas

Os talleres teñen unha duración dunha hora e están dirixidos á poboación adulta.

Para acudir, é necesario realizar a inscripcion no centro cívico onde se desexe acudir ao taller. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigurpso orde de inscrición.

No documento que atoparás ao final desta noticia, podes consultar todos os centros civicos municipais onde levarán a cabo os talleres, día e horario.

*PREVENCIÓN COVID -19

As persoas que acudan ao taller deberán levar máscara de acordo co establecido no artigo 6 do Real Decreto Lei 21/2020 de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19.

Durante o desenvolvemento do taller, manteranse as normas de hixiene, seguridade e mantemento da distancia física recomendados polas autoridades sanitarias

Documentos:

Datas-CCM--OMIC-.pdf (61 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión