Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xuño de 2022

Obradoiros para a mocidade en centros cívicos

A inscrición, que será en liña, iníciase o 27 de xuño

O Concello da Coruña, desde a Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, vai levar a cabo obradoiros dirixidos a mozos e mozas en varios Centros Cívicos co fin de promover o lecer positivo.

Estes obradoiros son de carácter gratuíto.

levarán a cabo os seguintes talleres:

  • Creación de podcast
  • Técnicas de supervivencia e orientación
  • Técnicas de defensa persoal
  • Criptomoeda e trading (prevención e riscos).

Abaixo, nos apartados DOCUMENTOS está o cadro informativo onde se poden consultar os centros nos que se van a realizan os obradoiros, as idades a quen van dirixidos, os horarios e datas de inscrición.

A inscrición para os talleres que se desenvolven nos meses de verán iníciase o 27 de xuño, como se indica no cadro informativo anexo, a excepción do obradoiro de Criptomonda e Trading (prevención e riscos) no que a inscrición iniciará o 4 de xullo. Na maioría dos obradoiros a inscrición será en liña a través desta ligazón.

Para os talleres que se inician no mes de outubro realizarase a inscrición no mes de setembro..

A admisión será por orde de inscrición, as prazas son limitadas e é necesario un número mínimo de inscricións para a súa realización.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición indicado para os obradoiros, e ata un día antes do seu inicio, pódese consultar, nas conserxarías dos centros nos que se vaian realizar, se quedan prazas libres.

Documentos:

Cadro de obradoiros e centros cívicos onde se realizarán (420 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión