Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de xuño de 2019

O Concello da Coruña convoca prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO

Vacacións e turismo social para maiores 2019/2020

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 5 de xullo.

As solicitudes e a documentación necesaria presentaranse na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD), do 1 ao 5 de xullo, en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Advírtese expresamente que a presentación de solicitudes a esta convocatoria anula a posibilidade de participar na convocatoria inicial do IMSERSO. A duplicidade de solicitudes no Concello e no programa do IMSERSO será detectada validando a solicitude municipal e eliminando as restantes.

Deste xeito, as persoas que se inscriban na convocatoria municipal non recibirán no mes de setembro a carta informativa do IMSERSO na que se explica como acceder á convocatoria estatal.

Requisitos da convocatoria

  • Persoas empadroadas no Concello da Coruña que estean nalgunha das seguintes situacións:
    • Ser pensionista de xubilación do Sistema Español de Pensións
    • Ser pensionista de viuvez con idade igual ou superior a 55 anos
    • Ser titular ou beneficiario/a do Sistema da Seguridade Social Española de idade igual ou superior a 65 anos
    • Ser pensionista por outros conceptos, perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos de idade.
  • Ter unha capacidade económica persoal anual inferior ou igual a 12.031,34 €. (1,6 veces ou IPREM do ano 2018).
  • Ter a autonomía suficiente para realizar actividades básicas da vida diaria e non padecer enfermidade ou deterioración cognitiva que incidan na convivencia durante a viaxe.

As persoas solicitantes poderán participar co seu cónxuxe ou coa parella de feito (recoñecida legalmente), á cal non se lle esixirá que cumpra os requisitos do apartado (b).

Ademais do cónxuxe ou parella de feito (recoñecida legalmente), poderán incluírse na solicitude os/as fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%), coa condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e que o fagan acompañados/as de seus pais/nais e compartindo con eles habitación.

Coa solicitude, é necesario presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI das persoas solicitantes.

  • Xustificante mensual actualizado ou certificado de pensión de todas as persoas solicitantes ou certificado negativo de pensións, se é o caso.

  • Autorización asinada, que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para a consulta de datos tributarios do ano 2018, ou ben, fotocopia da declaración da renda.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión