Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2019

Yoya Neira fala do voluntariado dos centros cívicos como o capital humano máis importante da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social homenaxearon esta mañá as máis de 120 voluntarias e voluntarios que dedican o seu tempo e coñecementos aos demais sen recibir compensación económica

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presidiron esta mañá no salón de plenos de María Pita un acto de homenaxe ás máis de 120 voluntarias e voluntarios dos centros cívicos, que coincide coa conmemoración do Día Internacional do Voluntariado, o 5 de decembro. A edila agradeceu o esforzo das traballadoras e traballadores municipais que están á fronte destes edificios por faceren posible que o voluntariado crease hai xa máis de dúas décadas unha rede, na que dedican tempo e sabedoría en dárllelos aos demais e constrúen o capital humano máis importante que ten a cidade: "O voluntariado é poñer o tempo libre e o coñecemento ao servizo do outro e iso faise tamén desde a política social con programas para a xuventude e as persoas maiores, como 'Redeiras', que alertan se algunha das persoas que están adscritas non acode á farmacia ou a mercar" porque "non só se trata de dar clases de palillar ou patchwork, que dan resultados marabillosos, senón de tecer unha Coruña cohesionada que non sería posible sen a vosa compañía e sen facer que a veciñanza vexa os centros municipais como un lugar de encontro e amizade".

Pola súa parte, a alcaldesa Rey valorou o traballo do colectivo por animar e que as coruñesas e os coruñeses sorrían e sintan "que son e están e que teñen moito que achegar". A elas e eles deulles as grazas pola súa colaboración e o seu xesto de dar sen recibir, polo menos sen recibir compensación económica, "porque a humana debe ser enorme". A rexedora falou do acompañamento que lles prestan e do que se involucran na sociedade a través dos clubs e actividades nas que son partícipes: "Pola nosa parte, este Goberno local marca como prioridade esa asistencia na que todos vós estades inmersas/os e que se estende a ámbitos como o da cultura, a educación, o medio ambiente ou o desenvolvemento económico".

Rey insistiu en que "sodes máis de 120 dándolles tempo a outras persoas para mellorar o seu día a día e agrandar a súa imaxinación e os seus coñecementos. Moitas grazas polas horas, o tempo de dedicación e a calidade asistencial e por todo isto que di tantísimo de vós e ademais nos contaxia para seguir facendo cidade", afirmou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión