30 de marzo de 2021
Os prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares irán desde o día 5 ata o día 30 de abril, os dous incluídos.
Hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor 2021/2022. Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica.
A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderá presentarse, logo da cita previa, nos rexistros municipais (praza de María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas entre o día 5 e o día 30 de abril. A dita solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria, neste caso a alumna ou o alumno que efectivamente use o comedor escolar.
Todas as listas que se publiquen (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a persoa beneficiaria atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Ao final desta noticia, en Trámites relacionados, está toda a información necesaria para cubrir o trámite.
9 de maio de 2022
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
3 de maio de 2022
O novo centro xuvenil ofrece un amplo catálogo de actividades, orientadas á mocidade de entre 12 e 30 anos
2 de maio de 2022
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación do festival: “Iniciativas como esta axudan a loitar contra calquera tipo de discriminación”
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible