Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de decembro de 2019

Benestar Social impulsa a reactivación do Consello de Inclusión Social

Yoya Neira convocou esta mañá unha reunión coas 18 entidades do terceiro sector e as tres centrais sindicais que formaron parte deste comité na anterior lexislatura. A edila anunciou a posta en marcha dunha Oficina Municipal de Voluntariado que coordinará e centralizará o traballo entre entidades e persoas voluntarias.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, convocou esta mañá no Pazo Municipal de Maria Pita unha reunión para verse coas entidades do terceiro sector da cidade que formaron parte do Consello local de Inclusión Social na anterior lexislatura.

O principal obxectivo desta reunión, á que asistiron 25 persoas membros de 18 entidades e tres centrais sindicais, é reactivar o Consello de Inclusión Social e pór en marcha os mecanismos que marca a ordenanza municipal para retomar a súa convocatoria oficial nesta lexislatura. Ademais, a Concellería de Benestar Social quere analizar tanto a situación na que se atopa a atención social na cidade por parte dos servizos sociais comunitarios como a situación actual de coordinación entre o concello e as entidades deste ámbito.

A concelleira Yoya Neira explicou neste encontro que "despois destes meses na concellería e dos contactos mantidos con todas as entidades do terceiro sector que tamén traballan no ámbito do voluntariado, decidiuse pór en marcha unha Oficina Municipal de Voluntariado que coordinará e centralizará todas as necesidades de voluntariado das entidades". Deste xeito, o concello será un vehículo de transmisión de información entre entidades e persoas voluntarias "para poder canalizar esta necesidade de coordinación que as entidades nos solicitaron desde o primeiro minuto", asegurou a edila. Neira tamén anunciou que esta nova oficina "tamén creará algún programa de voluntariado propio" pero a súa función principal será vehicular xa que a carencia que ten a cidade é "xestionar a información e a canalización de necesidades, posto que ten unha gran oferta entre todas as entidades".

Neste encontro tamén se abordou a necesidade manifestada polas entidades presentes de engadir o persoal técnico municipal nos grupos de traballo derivados deste consello, algo que non existe ata o momento e que permitirá a coordinación e o liderado municipal neste ámbito. As entidades manifestáronlle a Neira que era algo que botaban en falta e que levaban tempo solicitándoo.

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión