Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

21 de novembro de 2019

O Concello pon en marcha a campaña “Non é posible sen vós”, que busca implicar os homes na loita contra a violencia sexual

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá en María Pita, con motivo da celebración o próximo 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha campaña de sensibilización contra a violencia sexual. A campaña incidirá en programas de educación entre as e os máis novos que a Concellería pretende intensificar en colexios e institutos.

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, presentou esta mañá unha campaña de sensibilización que aborda diferentes actividades e fai especial fincapé na violencia sexual. A campaña "Non é posible sen vós", que incide na necesidade de que os homes se impliquen na loita contra esta secuela social, inclúe un amplo abano de actividades desde obradoiros a xornadas e actividades deportivas. "Non é posible acabar coa violencia sexual sen o labor de concienciación e educación na outra metade da poboación", indicou Neira, quen mostrou a súa preocupación ante a "alarmante" evidencia de que os comportamentos machistas entre a mocidade teñen lugar a idades cada vez máis temperás.

Neste sentido, asegurou que a súa concellería pretende levar ao longo de todo o ano aos colexios e institutos campañas educativas e de concienciación para "traballar con nenas e nenos máis novas/os porque detectamos que os programas están a chegar tarde". O acceso ás novas tecnoloxías e a precocidade nas prácticas sexuais implican ás veces comportamentos e actitudes machistas que son incapaces de recoñeceren, explicou a concelleira. Para iso, insistiu, necesitamos a colaboración dos centros de educación primaria e dos institutos.

O eixe central da campaña terá lugar o día 25 coa lectura dun manifesto en María Pita por parte da alcaldesa, Inés Rey, e coa instalación dunha carpa no Obelisco onde se repartirán dípticos e tarxetas de información sobre as distintas actuacións que se levan a cabo desde o Centro de Información á Muller no ámbito contra a violencia de xénero. Ademais, tanto a Torre de Hércules como o Concello iluminaranse de cor morada. Obras de teatro, actividades para nenas e nenos a través do servizo de bibliotecas e de canguraxe municipal e o ciclo de cinema "Sexo ferido" son outras das actividades dun programa que vai más aló dun día concreto e no que se implican distintas áreas do Concello.

Neira quixo destacar a realización de dous obradoiros para os máis novos. O primeiro para mozas e mozos a partir dos 16 anos "Desatando outras masculinidades", que intentará, a través da reflexión en grupo, que a mocidade identifique comportamentos machistas que desembocan en actos de violencia sexual. E o segundo taller, destinado ás familias con rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos, "Violencias sexuais. Que está a normalizar a mocidade?" pretende afondar na identificación e abordaxe desta problemática de cara a un desenvolvemento saudable da mocidade.

O programa de actividades inclúe a celebración o 27 de novembro no Centro Ágora dunha xornada que, baixo o título "Outras formas de violencia de xénero: a violencia sexual", analizará, entre outros temas, a ciberviolencia, a violencia sexual nos medios de comunicación, o acompañamento terapéutico a mulleres que sufriron agresións sexuais, e como lle afecta un caso de violencia de xénero á muller e á súa familia.

Doutra banda, a Concellería de Deportes sumarase aos actos contra a violencia de xénero na VII carreira popular dos Rosales que se realiza el domingo 24, e , doutra banda, organizará o día 25 unha concentración pacífica na explanada do Pazo Municipal de Riazor, onde se formará un lazo humano para manifestar o rexeitamento contra a violencia machista. Poderán participar na concentración todas as persoas que queiran unirse. Farase unha ás 12.00 horas e outra ás 18.00 horas.

Para máis información sobre o programa de actividades:http://www.coruna.gal/igualdade

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión