Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2022

Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2022/2023

O prazo para presentar a documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos.

Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023:

  • Publicación da listaxe de solicitudes presentadas.
  • Publicación da listaxe de corrección de documentación.

En ambas as listaxes, as solicitudes publícanse segundo o código do asento e por orde alfabética.

O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do Rexistro.

Se a solicitude se presentou no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.

LISTAXE DE SOLICITUDES PRESENTADAS

Para oa efectos informativos publícase unha listaxe coa totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.

Esta listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Lista de solicitudes presentadas BC 2022/2023".

LISTAXE DE CORRECCIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Esta listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Lista de corrección de documentación BC 2022/2023".

Só aparecen neste documento as solicitudes presentadas que son obxecto de requirimento de corrección (apartado 12.1 da convocatoria), identificadas polo código de asento da solicitude presentada no rexistro de entrada municipal.

Na columna ESTADO DA DOCUMENTACIÓN deste documento móstrase o estado da solicitude:

  • Documentación incompleta: advírteselles ás persoas solicitantes que constan na listaxe de requirimento de documentación e corrección de solicitudes por non achegar a documentación obrigatoria á que se refire o apartado 6 e 10 das bases reguladoras que de non atender este requirimento teráselle por desistido da súa petición.
  • Só documentación complementaria: requírese a presentación da documentación á que se refire o apartado 11 da convocatoria que en caso de non atenderse ou non facerse adecuadamente non serán obxecto de valoración no apartado correspondente.

A documentación poderase presentar:

  • Nas oficinas dos rexistros municipais, de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con CITA PREVIA
  • Na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
  • Por calquera outro medio dos que permite o art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar a documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño de 2022.

*CITA PREVIA: para presentar a documentación nos rexistros municipais de María Pita, Mesoiro, Ágora, Fórum e a Franxa hai que solicitar cita previa a través da páxina web municipal https://citaprevia.coruna.gal/, no teléfono de Atención Cidadá 010 ou ben no teléfono de servizo automático de cita previa 881 505 101.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión