22 resultados
Conxunto de accións e prestacións de carácter preventivo e de intervención social personalizada, dirixidas a persoas maiores, persoas con limitacións de autonomía, discapacidade e dependencia, orientadas a manter a súa autonomía persoal.
Consultas sobre salud sexual y reproductiva que incluyen: anticoncepción; anticoncepción de urgencia; problemática sexual y de pareja; información sobre la interrupción voluntaria del embarazo, derivación y revisión ginecológica posterior.
Conxunto de actuacións e prestacións sociais destinadas a satisfacer necesidades económicas básicas e facilitar a inserción social e laboral de persoas e unidades familiares que se atopen en situacións ou risco de exclusión social.
Actividades e talleres de temporalidade puntual ou periódica, de lecer e tempo libre, de promoción e participación social, dirixidas a todos os sectores da poboación.
Este programa proporciona ás mulleres unha atención integral en diferentes ámbitos: xurídico, psicolóxico, social, laboral e, naqueles casos nos que as mulleres sexan vítimas de violencia de xénero, proporciona actuacións específicas en materia de protección.
Con respecto aos e as menores vítimas de violencia de xénero, ofrece a posibilidade de apoiar a súa recuperación emocional previndo a asunción de modelos de relación violentos e fomentando a autonomía familiar e o desenvolvemento integral dos seus membros.
O programa ten por obxecto atender e previr as situacións que poidan provocar risco social nos e nas menores e as súas familias, desenvolvendo accións que melloren a súa situación.
Accións e prestacións para a promoción das persoas con discapacidade, orientadas á súa atención integral.
9 de maio de 2022
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
3 de maio de 2022
O novo centro xuvenil ofrece un amplo catálogo de actividades, orientadas á mocidade de entre 12 e 30 anos
2 de maio de 2022
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación do festival: “Iniciativas como esta axudan a loitar contra calquera tipo de discriminación”
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible