Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Servizo de atención á infancia para a conciliación - servizo de canguros municipal

Obxecto:

  • Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral beneficiando tanto aos e ás menores como á unidade familiar no seu conxunto e apoiando especificamente as mulleres no seu proceso de participación sociolaboral.
  • Fomentar a corresponsabilidade no ámbito doméstico, familiar e social, a través da programación de actividades dirixidas aos e ás menores participantes nas distintas modalidades e, se é o caso, ás súas familias.

A quen vai dirixido?:

  • Unidades familiares con necesidades asociadas á conciliación.
  • Menores de idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos.

Recursos materiais:

Espazos acondicionados para a atención á infancia situados en diversos centros cívicos ou centros sociais do termo municipal e, se é o caso, o propio domicilio.

Recursos humanos:

Equipo de educadoras sociais do CIM.

Persoal especializado da empresa concesionaria do servicio: Academia Aristos.

Organizador:

Concello da Coruña

Requisitos:

  • Necesitar medidas de conciliación da vida persoal, familiar ou laboral no termo municipal da Coruña.
  • Estar empadroado ou empadroada no termo municipal da Coruña.

Motivos de acceso:

  • Motivacións laborais.

  • Participación en cursos de formación para o emprego.

  • Realización de entrevistas de traballo.

  • Períodos de proba profesionais.

  • Situacións puntuais de emerxencia familiar.

  • Enfermidade do/da menor.

    (actualmente por razóns orzamentarias só se concede domicilio por motivos laborais)

    Estas casuísticas deberán ser acreditadas.

Máis información:

  • Cada unidade familiar terá un número de horas que poden variar segundo o orzamento asignado ao dito servizo.
  • Diariamente pódese utilizar o servizo como mínimo ½ hora e como máximo 6 horas, ata a finalización das horas anuais que lle corresponda a cada unidade familiar.
  • solicitude do servizo realizarase, con cita previa, cunha antelación mínima de 48 horas. (Se o servizo comeza o luns, o último día para solicitalo sería o xoves anterior).
  • É necesario realizar por escrito un parte de servizo que recolla as necesidades de servizo da unidade familiar.

A atención á infancia a domicilio comprende un conxunto de tarefas vinculadas ao coidado e atencións á infancia no seu propio domicilio ou fóra del.

O servizo ten como obxectivo crear un conxunto organizado e integrado de tarefas que favorezan a conciliación persoal, familiar e laboral.

Realízanse tarefas centradas en coidados básicos e atencións aos e ás menores no seu propio domicilio e fóra del.

Na medida do posible as tarefas que se desenvolvan directamente cos e coas menores, fomentarán a educación para a igualdade.

O servizo ten como obxectivo crear un conxunto organizado e integrado de tarefas que favorezan a conciliación persoal, familiar e laboral.

Realízanse tarefas centradas en coidados básicos e atencións aos e ás menores:

  • No seu propio domicilio: realización de biberóns, axuda na alimentación e no aseo, proporcionar coidados e medicinas -se procede- baixo prescrición facultativa e tras a previa autorización e indicación das persoas responsables; planificación de actividades de ocio, apoio na realización de tarefas escolares.
  • Fóra do domicilio: realización de acompañamentos (traslado ao colexio, a un centro de atención á infancia, a unha actividade deportiva, ao centro de traballo dos proxenitores etc).

Na medida do posible as tarefas que se desenvolvan directamente cos e coas menores, fomentarán a educación para a igualdade.

Horario do servizo:

Todo o ano de luns a venres de 7.30 da mañá a 22.00 horas (agás fins de semana e festivos).

Duración: anual (menos fins de semana e festivos).

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión