Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
ACCIÓNS COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO, ENMARCADAS DENTRO DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE GALICIA 2014-2020
A Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social subvencionará programas desenvolvidos desde o noso concello para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e persoas en risco de exclusión.
A orde reguladora do 18 de xullo do 2017 pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilita e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, as persoas perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e os/as inmigrantes, entre outros, considéranse vulnerables e, polo tanto, susceptibles de ser destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio.
Como se recolle na devandita orde, estas tipoloxías de programas serán financiados con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9: "promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. 9.1: "A inclusión activa", tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora das posibilidades de atopar un emprego. Obxectivo específico 9.1.1: "Mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción".
Concedeuse a subvención solicitada por este concello para o desenvolvemento dos seguintes programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables:
24 de febreiro de 2021
Educación prevé publicar en abril, 4 meses antes que o ano pasado, a listaxe definitiva de alumnas/os para o curso que vén, para a que primará a situación económica, social e laboral das familias solicitantes. Como novidade, este ano poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.
18 de febreiro de 2021
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage: “A causa da pandemia o executivo de Inés Rey decidiu reforzar o investimento social, incrementando nun 20% as axudas municipais a 104 asociacións”
12 de febreiro de 2021
A Concellería de Benestar Social priorizou dirixir 1,2 millóns de euros á Renda Social Municipal e 503.000 euros ás prestacións de emerxencia co fin de evitar a exclusión social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible