Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Únete ao club de lectura dos mércores da Biblioteca Ágora!
Clubs
Persoas adultas
17/03/2021
Dende o 21/01/2021 ata o 17/03/2021
Require inscrición.
19.00 a 20.30 horas
Quincenal
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Nas Bibliotecas Municipais non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura, e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura. Se tes máis de 18 anos, se che gusta ler, falar e escoitar, apúntante ao club dos mércores da Biblioteca Ágora, e comparte con xente coma ti eses grandes praceres que proporciona a lectura.
Nós prestámosche os libros, ti les, e cada quince días, úneste a través do teu móbil, tableta ou ordenador con outros lectores e lectoras para intercambiar opinións. Non precisas grandes coñecementos de literatura, nin ser unha persoa experta en TICS. Simplemente abonda con que che guste ler e debater. Agardámoste!
Tamén che pode interesar
5 de marzo de 2021
A ONU declarou en 1975 o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. Na súa orixe, nesta xornada reivindicábase o papel da muller no mercado laboral. Hoxe, ademais diso, hai moito máis que reivindicar. A igualdade segue sendo unha carreira de obstáculos.
2 de marzo de 2021
Proposta de resolución definitiva das axudas do bonotaxi 2021
24 de febreiro de 2021
Educación prevé publicar en abril, 4 meses antes que o ano pasado, a listaxe definitiva de alumnas/os para o curso que vén, para a que primará a situación económica, social e laboral das familias solicitantes. Como novidade, este ano poderán optar a praza as familias de bebés en proceso de xestación e darase puntuación extra por matricularen a dous irmáns.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible