Concello da Coruña

Concello da Coruña

Club de lectura virtual Ágora

Únete ao club de lectura virtual da Biblioteca Ágora!

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

04/10/2022

Os martes, con periodicidade quincenal.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 04/10/2022

Require inscrición.

Horario:

19.00 a 20.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#ClubdeLecturaVirtualAgora

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Nas Bibliotecas Municipais non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura. Se tes máis de 18 anos, se che gusta ler, falar e escoitar, apúntate ao club de lectura virtual da Biblioteca Ágora e comparte con xente coma ti eses grandes praceres que proporciona a lectura.

Nós prestámosche os libros, ti les, e cada quince días, úneste a través do teu móbil, tableta ou ordenador con outros lectores e lectoras para intercambiar opinións. Non precisas grandes coñecementos de literatura nin ser unha experta en TICS. Simplemente abonda con que che guste ler e debater. Agardámoste!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión