Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cemiterio Municipal de Santo Amaro

Enderezo:

Rúa Orillamar s/n, Bj. 15002 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 981 189 825

Fax:

+ (34) 981 189 825

Servizos:

Accesible para persoas con discapacidade

Horario:

Luns a domingo e festivos de 09:00 h. a 18:00 h.

Historia do Cemiterio de Santo Amaro

Inaugurouse no ano 1813 despois da prohibición por Lei, no ano anterior, dos enterros nas igrexas e a súa contorna.

Este camposanto histórico, localizado fronte ao mar, está considerado un dos máis importantes de Galicia, tanto polo número, máis de douscentos, como pola notoriedade dos personaxes que acubilla.

O Camposanto está dividido en tres zonas ben diferenciadas: a relixiosa, a civil e a británica, esta última é privada e está pechada ao público.

Cabe destacar dous monumentos colectivos que son o Monumento aos Mártires da Liberdade e a Columna tronzada en recordo da folga xeral de 1901.

O Monumento aos Mártires da Liberdade, levántase no lugar onde descansaron outrora os aviadores alemáns da II Guerra Mundial, trasladados ao Cemiterio de Yuste, en Cáceres. Actualmente descansan baixo este monumento os restos de soldados magrebís, indebidamente sinalados como cidadáns árabes, ao servizo dos sublevados de 1936.

A Columna tronzada en recordo da folga xeral de 1901, segundo reza a sepultura, o monumento foi erixido por subscrición popular e por iniciativa das sociedades obreiras, ás vítimas dos sucesos de 30 e 31 de maio de 1901, por mor da que está considerada como a primeira gran folga xeral da historia do movemento obreiro galego, cun paro absoluto en todos os sectores.

No departamento cuarto do cemiterio atópase o monumento dedicado ás vítimas do avión estrelado o 13 de agosto de 1973 en Montrove (Oleiros).

Santo Amaro e Picasso

A irmá pequena de Pablo, Conchita, morreu de difteria o 10 de xaneiro de 1895. Dous días despois soterrouse en terra no cemiterio xeral (hoxe Santo Amaro), na zona de párvulos do primeiro departamento, de onde os seus restos foron seguramente retirados uns anos despois.

Neste camposanto foron enterrados tamén o seu mecenas Pérez Costales, os seus profesores Brocos e Navarro e o tamén pintor Pardo Reguera. As tumbas dos tres últimos aínda se poden visitar.

Ruta de cemiterios europeos

No ano 2012 con motivo do bicentenario de Santo Amaro, o cemiterio ingresou na Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE), rede europea de organizacións que se dedican á preservación e presentación dos cemiterios como parte importante do patrimonio cultural. Foi o paso previo para a inclusión do cemiterio no ano 2013 na Ruta de Cemiterios Europeos (placa identificativa na entrada principal do cemiterio) que busca poñer en valor o patrimonio funerario europeo e contribuír á cohesión territorial europea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión