Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2020

A Empresa Municipal de Vivenda comeza a captación de vivendas para alugamento social

Calquera persoa propietaria pode solicitar que a súa vivenda entre dentro do Banco municipal de vivendas, coa condición de que se cumpran os requisitos.

Unha das principais preocupacións do Goberno municipal é garantir, para os colectivos en situación ou risco de exclusión social, o dereito ao acceso a unha vivenda digna e adecuada tal e como obriga a Constitución. Neste sentido, a ausencia dunha vivenda e unha contorna digna está ligada a este marco de exclusión residencial e social no que as persoas afectadas ven vulnerados boa parte dos seus dereitos e cuxa transformación nunha contorna de integración é unha prioridade para o Concello da Coruña.

O patrimonio municipal de vivenda é escaso para poder atender as continuas peticións de persoas interesadas en que se lles alugue unha vivenda municipal por ter imposibilidade de acceso a unha vivenda no mercado libre. É por iso que o Goberno municipal intenta darlle resposta a este problema e garantirlles o acceso á vivenda a estes colectivos con dificultades, a través da xestión dun banco de vivendas, que permita articular un alugamento social ou reducido.

Este especial interese do Goberno municipal en darlle solución á problemática de vivenda que padecen moitos colectivos desfavorecidos, acaba de cristalizar na convocatoria que hoxe se publica no Boletín Oficial da Provincia e que, en principio, terá como prazo de solicitude desde mañá ata o día 5 de marzo.

Calquera persoa propietaria dunha vivenda poderá solicitar nas oficinas de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A.) que a súa propiedade pase a formar parte do Banco municipal de vivendas. Para isto, débense reunir unha serie de requisitos, dos cales hai información na publicación do BOP de hoxe.

Enderezo:

Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades - EMVSA. Rúa Manuel Murguía 3, 1º. 15011 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión