Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2021

Convocatoria de xaneiro-maio 2022

Actividades socioculturais nos centros cívicos

Preinscrición os días 27, 28 e 29 de decembro

As actividades realizaranse a través de dúas modalidades: presencial e en liña

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

Capacidade

Decidirase no momento da inscrición, adaptándonos ao que indiquen as autoridades sanitarias nese momento.

A realización da actividade estará condicionada a alcanzar un número mínimo de participantes, de acordo sempre coa capacidade máxima establecida no momento polas autoridades sanitarias.

Duración sesión/actividade

As sesións serán de un día á semana durante unha hora e media fóra dos apoios escolares cuxa duración será de hora e media dous días á semana .

Preinscrición: 27, 28 e 29 de decembro

Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos abaixo xunto as actividades de cada centro cívico en  PÓDECHE INTERESAR TAMÉN. Ademais pódense consultar no menú superior da páxina, en ACTIVIDADES, e, se se quixese descargar a programación total de actividades e clubs de todos os centros cívicos, pódese ver nos documentos que se achegan.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia e tres clubs (non se poderán pedir clubs e actividades no mesmo formulario, terase que abrir outro diferente.).

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao nº de teléfono 881 150 228 eses mesmos días en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.

Publicación das listaxes de preinscrición nos centros cívicos: 4 de xaneiro

Publicaranse dúas listaxes diferentes (actividades e clubs), que se poderán consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Sorteo público : 5 de xaneiro ás 10.00 h

Realizaranse en cada centro cívico dous sorteos independentes, un para as actividades e outro para os clubs.

Reclamacións ás listaxes de preinscrición: 5 e 7 de xaneiro

A través do 010 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00.

Publicación das listaxes de admisión e de agarda: 17 de xaneiro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono de Información Cidadá 010.

Reclamacións: 17 e 18 de xaneiro

A través do 010 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00.

Prazo de inscrición e pagamento de taxas: 19, 20, 21 e 22 de xaneiro. O sábado 22 só en horario de mañá.

O procedemento de pagamento será o mesmo que en convocatorias anteriores:

A persoa admitida, recollerá o modelo de taxa-autoliquidación na conserxaría do centro cívico e, unha vez realizado o pagamento na sede bancaria, entregarase o xustificante de pagamento de novo na conserxaría.

A cota de todas as actividades nesta convocatoria é de 11€ fóra dos apoios escolares, cultura xeral e alfabetización, que teñen carácter gratuíto. Tamén terán carácter gratuíto os clubs porque son impartidos por voluntariado,

As persoas que foron admitidas nos clubs, deberán confirmar a asistencia no centro cívico correspondente nestas mesmas datas.

Os clubs terán un carácter anual do mesmo xeito que en anos anteriores (xaneiro-maio/outubro-decembro). Só sairán convocadas en setembro as prazas vacantes e anularanse aqueles en os que os monitores e monitoras decidan deixalo.

Data de inicio de actividades/clubs:

A partir do 24 de xaneiro en función da actividade

Data de fin de actividades/clubs:

Última semana de maio.

Bolsas e reserva de prazas

Haberá prazas de apoio e promoción social previo informe técnico

ACTIVIDADES EN LIÑA.

A través da canle Coruña Acompaña poderanse visualizar diferentes actividades.

Documentos:

Programación total de actividades xaneiro-maio 2022 (1 MB)

Programación total de clubs xaneiro-maio 2022 (461 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión