Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2019

Admisións nos campamentos urbanos de Nadal 2019

A inscrición realizarase os días 17, 18 e 19 de decembro, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 h no centro cívico onde se obtivo a praza.

Nos documentos que se achegan pódense consultar as listas de nenas e nenos admitidos. Non se terá dereito á praza ata que non se formalice a inscrición co pago en efectivo da cota correspondente no centro cívico.

Non haberá campamento, porque non se anotou ninguén, nos centros cívicos de Artesáns e San Pedro de Visma.

Nos centros que se relacionan a continuación, nos que as solicitudes de preinscrición foron insuficientes para facer grupo, ás e aos menores preinscritas/os déuselles praza nos centros próximos que tiñan vacantes:

  • Labañou, pasan a Rosales
  • Pescadores, pasan a Novoboandanza
  • Sagrada Famila, pasan aos Mallos

Nalgúns centros hai prazas vacantes, como se indica nas propias listaxes.

As persoas interesadas nas prazas vacantes poden acudir ao centro cívico e contactar co persoal da empresa adxudicataria nos días e horario da inscrición nos campamentos.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición ata cubrir a cota. Non se ampliarán grupos, só se cubrirán as prazas vacantes dentro de cada grupo.

Documentos relacionados

  • A Silva Admisións (370 KB)
  • Castrillón Admisións (193 KB)
  • Cidade Vella admisioens (192 KB)
  • Eirís admisións (382 KB)
  • Elviña admisións (370 KB)
  • Feáns admisións (190 KB)
  • Mesoiro admisións (290 KB)
  • Monelos admisións (377 KB)
  • Monte Alto admisións (194 KB)
  • Novoboandanza admisións (377 KB)
  • Os Mallos admisións (384 KB)
  • Palavea admisións (189 KB)
  • Rosales admisións (197 KB)
  • Santa Lucía admisións (190 KB)
  • Santa Margarita admisións (368 KB)
  • San Diego admisións (194 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión