Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2020

Apertura parcial dos centros cívicos municipais

Apertura parcial dos centros cívicos municipais e demais centros adscritos á Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, en función dos espazos que estean cedidos a entidades.

Desde o día 6 de xullo, apróbase a apertura parcial daqueles centros cívicos municipais e demais centros adscritos á Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, onde as entidades cidadás e sociais dispoñan de locais ou espazos cedidos de forma temporal ou prolongada polo Concello da Coruña. Estes centros reábrense soamente para a actividade relacionada coas entidades e coas limitacións, condicións e requisitos de protección que marcan as autoridades sanitarias e autonómicas competentes. Non se abren ao público en xeral.

A atención ás persoas usuarias de actividades e servizos, prestados polas entidades, realizarase nos centros, espazos ou locais cedidos, nun horario preestablecido con cita previa, reservando as franxas horarias que sexan precisas, o que non poderá afectar o horario habitual do centro municipal de referencia.

A entidade cesionaria -e as súas persoas traballadoras- deben cumprir e garantir as medidas de seguridade e protección no centro, locais ou espazos cedidos, en relación co seu persoal propio, coas persoas profesionais que contrate e coas persoas usuarias atendidas. Tamén será responsabilidade da entidade cesionaria, e ao seu cargo, a adquisición e distribución dos elementos de seguridade e protección así como, de ser o caso, a súa instalación ou colocación nos locais e espazos nos que se precise por motivos de seguridade de prevención laboral ou sanitaria. Se fose necesario, a entidade cesionaria deberá realizar unha nova distribución de espazos co obxectivo de garantir a distancia interpersoal de seguridade e as demais medidas de prevención adoptadas polas autoridades sanitarias.

Tamén se abren os comedores sociais, ata dous terzos da súa capacidade e as actividades formativas e demais actuacións grupais de inclusión, ata o setenta e cinco por cento da capacidade.

Mentres non se dite unha resolución da Consellería da Xunta de Galicia, competente en materia de política social, que acorde a súa reapertura, non se abren ao público en xeral os seguintes centros ou servizos:

  • Os centros cívicos e veciñais municipais
  • Os centros de atención diúrna para persoas maiores ou persoas con discapacidade
  • Os centros que conten con unidades técnicas de atención social, tanto de atención primaria, como de atención básica especializada
  • O centro de información ás mulleres (CIM)
  • O centro de orientación familiar (COF)
  • Os servizos e centros dos espazos infantís e ludotecas
  • Os espazos novos

Serán as respectivas direccións dos centros e instalacións quen se encargue de comunicar o anteriormente exposto ás correspondentes entidades.

Toda a información está publicada no taboleiro de anuncios municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión