Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2021

Aumento da capacidade de persoas participantes nas actividades socioculturais dos centros cívicos e ampliación prazo de inscrición

A Orde que afecta o número de persoas participantes nas actividades socioculturais municipais está publicada no DOG nº184- bis, do 23 de setembro.

De acordo ás novas medidas específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, publícase no DOG nº 184-bis, punto 4.4, do 23 de setembro de 2021, que as actividades socioculturais de tipo colectivo que levarán a cabo nos centros cívicos municipais poderán ter unha capacidade máxima de 10 persoas, sexan ou non conviventes e sen contar coa monitora ou monitor.

Con respecto a esta normativa, algunhas actividades municipais prevalecerán con menos de dez persoas participantes polas características das aulas.

Debido á publicación desta nova normativa, amplíase o prazo de inscrición para as persoas admitidas nas actividades socioculturais. Poderase entregar o xustificante conforme realizou o pagamento na entidade bancaria ata o xoves 30 de setembro ás 14.00 h no centro cívico correspondente.

De non realizar este trámite antes da finalización do novo prazo (xoves 30 de setembro ás 14.00 h), perderase o dereito á praza na actividade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión